Polas Bravas! Como viven e que senten as mulleres que traballan no rural ourensán? Esta é a cuestión á que dá resposta o documental Polas Bravas! O vídeo é un reflexo tamén dos diferentes xeitos de gañar a vida no campo: desde a agricultura até a creación de leite de burra, mel ou pan. Este traballo da Asociación Avinza ten como protagonistas seis mulleres que residen en concellos da Reserva da Biosfera Área da Allariz.
Leiteiras de Ermelo. Vídeo homenaxe ao labor das leitieras de Ermelo ao longo dos anos. Neste lugar situado no alto de Bueu, no interior da parroquia, as mulleres dedicáronse tradicionalmente ao coidado do gando e ao comercio do leite. Recóllese neste vídeo a memoria dalgunhas das últimas leiteiras
Da man das queixeiras. Vídeo proxectado na “Homenaxe ás queixeiras” realizada na 40ª Festa do Queixo de Arzúa. Ese acto enmárcase dentro do proxecto de salvagarda da historia das mulleres do concello de Arzúa por medio da recollida de campo de memoria oral e material fotográfico, que está a desenvolver MaOs Innovación Social para o Concello de Arzúa.
O rural de todas. O proxecto audiovisual “O rural de todas” está promovido pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e ten como obxectivo contribuír a unha maior visibilidade do traballo das mulleres do rural. A través do documental relátanse historias e experiencias diversas que axuden a unha maior sensibilización sobre a importancia dos traballos que as mulleres desenvolven na sociedade.
APICULTURA COMO ACTIVIDADE ECONÓMICA COMPLEMENTARIA NOS ANCARES
Picha no botón para acceder á memoria.
GROMOS VERDES
Colaboración de Toño Núñez, mestre xubilado e labrego de palabra, na CAMPAÑA #SOMOSRURAL da CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS, en defensa e revalorización da vida no rural galego.
https://www.anpasgalegas.gal/2020/08/gromos-verdes/

A RADIO COMO ARMA PARA SEGUIR EXISTINDO
A Órrea (Riotorto – A Terra de Miranda), 5 de agosto.
A parroquia de Santa Comba da Órrea, no concello lugués de Riotorto e integrada na comarca, non recoñecida oficialmente, da Terra de Miranda, realizou o día 9 de agosto ás 12.00 h., a súa primeira emisión de radio da historia. A emisora en liña, bautizada como ONDAS ÓRREA, puxo en antena virtual un programa que intentou facer posible que, cando menos unha vez ao ano, os veciños e as veciñas poidan verse e contribuír a que a parroquia, a pesar do despoboamento e da emigración masiva, siga existindo como tal.
Nun ano normal, sería a festa parroquial –que se celebra a comezos de todos os meses de agosto– a que fixese posible o reencontro. Dado que a situación sanitaria impide que a festa poida ter lugar, a Asociación de Veciños e Veciñas optou pola posibilidade dun programa de radio en liña co obxectivo de permitir que a relación entre todas as persoas con algo que ver coa parroquia siga existindo.
O programa está concibido como un magazine no que participaron veciños e veciñas que durante todo o ano viven e traballan na parroquia. Pero tamén terán intervencións desde outros lugares do Estado e do estranxeiro emigrantes nativos da Órrea, así como especialistas e estudosos da propia parroquia e da comarca. A persoa encargada do mantemento do programa levará a cabo, á súa vez, un percorrido pola historia, pola xeografía e pola realidade actual local. A emisión completouse, como non podería ser doutro modo, cunha sesión vermú virtual na que a audiencia poderá participar enviando as súas dedicatorias e saúdos.
A primeira experiencia radiofónica parroquial sintonizouse na páxina de Facebook da Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, así como en spreaker.com, a ferramenta en liña que fará posible a emisión.
Pincha na imaxe para acceder á páxina de Facebook da Asociación

O soño de Oliver Laxe xa brota nos Ancares
O cineasta decidiu fincarse na súa aldea en Navia de Suarna para impulsar un proxecto cultural e de coidado do territorio
Pincha na imaxe para acceder á nova de El Progreso