O 16 de setembro a ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra solicitou a Mobilidade da Xunta de Galicia un transporte 4x4 que fixese de lanzadeira entre Seoane e o CPI, para minimizar os riscos do desvío habilitado para o transporte escolar.
O silencio da Xunta ante esta petición obligounos un mes máis tarde a solicitar axuda institucional ao Concello de Folgoso do Courel, solicitando a súa intermediación coa Consellería para conseguir ese transporte. Hoxe 28 de outubro aínda non recibimos tampouco ninguna resposta do Concello. Tanto a Xunta como o Concello de Folgoso do Courel teñen cousas máis importantes que facer que dedicar atención á seguridade das nenas e os nenos do Courel, polo visto. Por favor, partillade este vídeo-protesta cos vosos contactos. Grazas! https://www.facebook.com/anpa.courel/videos/573212375363186/
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
REDEEste é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural! Archives
Octubre 2024
Categories |