REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

XXIII Xornadas Pedagóxicas na RMPL

24/4/2025

0 Comentarios

 
Foto
Foto
XXIII Xornadas Pedagóxicas na RMPL
L2401023 Museos situados. Educación e territorio
(7, 14, 15 e 23 maio)
 
Título
Museos situados. Educación e territorio
Forma de participación
Presencial
Modalidade
Curso
Horas presenciais: 16
Destinatarios
Profesorado todas as ensinanzas: 20 prazas: Asesor responsable da actividade
Asesor: Arias López, Marta
Enderezo electrónico: [email protected]
Alumnado USC: 10 prazas Enderezo electrónico [email protected]
Persoal museos: 10 prazas Enderezo electrónico [email protected]
 
Obxectivos
  1. Explorar, coñecer e transmitir os saberes do rural como parte intrínseca do sercomunitario.
  2. Crear e asentar no alumnado o sentimento de orgullo do propio e a pertenza a un territorio maiormente rural, a partir da súa compresión e dos valores que o constitúen.
  3. Dinamizar o coñecemento desde a acción e a cooperación directa coas persoas que habitan o territorio e cos axentes sociais e educativos.
Contidos
  1. A educación en contextos rurais como escenario de cambio cara a unha educación inclusiva.
  2. Os museos como institucións para a dinamización do territorio: retos e desafíos.
  3. Museos e educación patrimonial: contextos para a innovación e a inspiración de valores.
  4. O valor educativo dos museos a través das súas propostas didácticas.
  5. Internet como medio para a salvagarda do patrimonio.
 
Mércores, 7 de maio (San Paio de Narla)
“Memoria común, patrimonio e territorio”
16:00 h. Saída de Lugo e viaxe ao Museo de San Paio de Narla.
16:45 h.  Presentación das xornadas e entrega de material.
17:00 h. Mesa compartida, a través dos proxectos de:
  • CEIP San Miguel de Reinante, Proxecto “Explorador@s por Barreiros”. Noela Fernández Soto.
  • CEIP Francisco López Estrada (O Barqueiro, concello de Mañon), Proxecto “Cartas de Ultramar”. M. Soledad Díaz López e Olga Rodríguez Comí.
18:15 h. Conversa e debate
18:30 h. Mesa compartida a través dos proxectos de:
IES San Rosendo, “O IES San Rosendo e a Rede Museística Provincial: conexións educativas e proxectos en común”. Mar Corbelle Valiño e Paula Alvite Alvite.
Asociación REBINXE, “REBINXE: educación, biodiversidade e comunidade local”. María Bouso Posada e Óscar Chao Penabad.
19:45 h.  RMPL: Visita guiada con cata didáctica teatralizada, “Memoria común, patrimonio e territorio” Soterradas, Gorrións contra falcóns:  Eva Veiga, Carlota Pérez, Davide Salvado, Adriana Paulos
Cata de viño de Ribeira Sacra pola enóloga  Cristina Murga.
 
20:30 h. Debate
21:00 h. Clausura
 
Mércores, 14 de maio (Pazo de Tor)
“Universidade na acción educativa: investigación, sostibilidade e territorio”
16:00 h. Saída de Lugo e viaxe ao Pazo de Tor
17:00 h. Mesa compartida con:
  • Alicia López Pardo, “As mestras da Montaña. O movemento Freinet en Galicia”
  • Bernardo Penabade Rei, “Intervención educativa Palabra e Memoria”
18:15 h. Conversa e debate
18:30 h. RMPL: VISITA GUIADA, Relatos á marxe: “Soterradas: a vida tras os labirintos mentais”
19:15 h. “Ciencia á Feira: un proxecto de educación científica interxeracional e comunitaria”, Grupo de innovación docente XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC, Elena Freire Paz (USC - Área: Antropoloxía Social) e Helga Peral Varela (Xuvenlab)
19:50 h. Sergio Lago Varela,  presentación do novo Museo da Migración da RMPL: “Un museo sen muros: migración, educación e transformación social”
20:30 h. Debate
21:00 h. Clausura
 
Xoves, 15 de maio (San Paio de Narla)
“Educación e xénero”.
16:00 h. Saída de Lugo e viaxe ao Museo de San Paio de Narla.
17:00 h. Carme Adán Villamarín, “Ensinar a mirar como acto feminista”
17:30 h. Mesa compartida con:
  • Belén Castro Fernáncez, USC, Dpto. de Didácticas Aplicadas, Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
-          Taller Daulloa - Cogami, “Inevitable: abordaxe educativa sobre a problemática social con relación á diversidade sexual e de xénero”
18:30 h. Conversa e debate
18:45 h. RMPL, Caixas de aprendizaxe: Contos e sabores nas lareiras.
19:15 h.  Mesa compartida con:
-          “O Museo Massó enfócase”, Covadonga López de Prado Nistal, directora do Museo Massó.
  • “Feminismos no tempo”, Noelia Darriba García (Cooperativa AtaliAS e Corporación Avezar)
20:30 h. Debate
21:00 h. Clausura
 
Venres, 23 de maio (Pazo de Tor)
“Do museo ao territorio: proxectos de comunidade”.
16:00 h. Saída de Lugo e viaxe ao Pazo de Tor.
17:00 h. Mesa compartida con:
-          “Ecosistema: un achegamento ao programa educativo do Centro de Arte Fundación M. José Jove”.  Alba Cacheda González, Responsable de Educación y Mediación / Centro de Arte da Fundación María José Jove
  • Proxecto “Del valle al Prado”. Ana Moreno Rebordinos, Coordinadora Xeral de Educación do Museo del Prado
18:15 h. Conversa e debate
18:30 h. RMPL: VISITA GUIADA, Do castelo ao pazo: foros e privilexios da fidalguía
19:15 h.  Museo Provincial do Mar de San Cibrao, “Somos escola, somos comunidade: facemos territorio”19:45 h. “Cartografías compartidas”, Imma Boj, directora do Museu d’història de la immigració de Catalunya (MhiC). 20:30 h. Debate
21:00 h. Clausura
0 Comentarios

Negar a contaminación da Limia é poñer en perigo a nosa saúde e o futuro do territorio

20/4/2025

0 Comentarios

 
Foto
COMUNICADO DO MOVEMENTO ECOLOXISTA DA LIMIA
Negar a contaminación da Limia é poñer en perigo
a nosa saúde e o futuro do territorio
Xinzo de Limia, sábado 19 de abril de 2025.
Hai tres anos, o Ministerio de Medio Ambiente, tras constatar evidentes procesos de eutrofización nas augas do encoro das Conchas e contaminación das augas subterráneas na Chaira da Limia, declarou oficialmente as augas como afectadas.
Este prazo de tres anos era o tempo máximo que tiña o goberno de Rueda para declarar a zona como vulnerable. Non só non o fixo, senón que agora volve negar a existencia do problema.
 Hai xa cinco anos que a Xunta, no seo da Mesa da Limia, recoñeceu a gravidade da situación ambiental provocada pola excesiva carga gandeira e as malas prácticas agrícolas. Nese momento presentaron o chamado Plan Estratéxico da Limia, que prometía:
• Reducir a carga gandeira industrial.
• Construír plantas de tratamento para os xurros porcinos.
• Formar aos agricultores en boas prácticas agrícolas.
• Diversificar e potenciar alimentos de calidade.
 
Pasou o tempo e, lonxe de aplicar ningunha destas medidas, esqueceron o plan e retomaron o discurso negacionista. Nunha fuxida cara a ningures, o goberno galego, alcaldes, sindicatos e agora tamén forzas que tradicionalmente defendían o territorio, adoptan un discurso populista que incita ao sector agrogandeiro a opoñerse cegamente a calquera medida que busque protexer o medio ambiente e a saúde pública.
Pero o verdadeiro perigo non é declarar a Limia como zona vulnerable.
O verdadeiro perigo é beber auga contaminada con nitratos e pesticidas.
O perigo é mirar para outro lado mentres os residuos gandeiros —os “puríns”— son esparexidos por montes e parcelas en calquera época do ano, sen control.
O perigo é cando cheguen as sancións da Unión Europea por incumprir a Directiva de Nitratos e a normativa de calidade da auga. Un custo que pagaremos todos pola irresponsabilidade duns poucos.
O perigoso e ameazar, embeleñar e provocar a ira de agricultores e empresarios das macrogranxas para enfrontalos e amedrentar a todos aqueles veciños que se atreven a reclamar que se deixe de contaminar a auga que bebemos.
Pola saúde, pola auga e polo futuro da Limia: esiximos responsabilidade, medidas reais e fin ao negacionismo.
M.E.L (Movemento Ecoloxista da Limia)
​
0 Comentarios

Queremos Galego!                                            Plataforma Cidadá                                                      Comeza o proceso social Lingua Vital. Participa!

4/4/2025

0 Comentarios

 
Queremos Galego!
Plataforma Cidadá

Comeza o proceso social Lingua Vital. Participa!Para conseguir avances na normalización da lingua galega e garantir a súa presenza e oferta en todos os espazos e para todos os usos acadáronse e ratificáronse acordos e nacionais e internacionais. Entre eles destacan pola súa unanimidade a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996), a Carta Europea das Lingua Rexionais e Minorizadas (2001) e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004).
 
No entanto, é evidente que estes acordos non se están a respectar, que as medidas que indicaban non se aplican e que neste tempo se chegou a lexislar en contra deles. O resultado deste desleixo é a aceleración da tendencia negativa no uso do galego e unha porcentaxe de incapacidade para falalo inédita na historia de Galiza.
 
Na plataforma cidadá Queremos Galego coidamos que é hora de reaxir e de que, como sociedade, asumamos a responsabilidade da que desertaron as institucións. Farémolo a través do Proceso social Lingua Vital coa participación de todas as entidades, colectivos e organizacións de Galiza que queren mudar o rumbo do galego.
 
O obxectivo deste proceso é avaliar o cumprimento dos acordos, identificar os obstáculos que impediron o seu cumprimento e, finalmente, propor accións concretas que comprometan a colectivos sociais e institucións na súa execución partindo dos acordos unánimes.
 
Comezaremos recollendo as propostas dos plenarios comarcais de Queremos Galego, para debatelos nos diferentes grupos de traballo sectoriais. Inicialmente estruturaranse segundo os sectores que fixaba o Plan xeral de normalización da lingua galega: Dereitos lingüísticos, Novas tecnoloxías, Implementación do Corpus, Administración, Educación, familia e mocidade, Medios de comunicación e industrias culturais, Economía, Sanidade, Sociedade, Proxección exterior da lingua.


Calquera colectivo poderá participar neles co único requisito de se inscribiren previamente no formulario que se xunta. Estes grupos definirán as propostas que se porán en común na coordinadora do proceso, formada por unha representación dos grupos e as entidades sociais de ámbito nacional.
 
O resultado deste proceso será presentado publicamente e ás diferentes institucións implicadas.

Inscrición entidades e colectivos sociais

Plataforma Cidadá
0 Comentarios

"REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN gALICIA". "COMUNIDADES E PARTICIPACIÓN DAS INFANCIAS".

1/4/2025

0 Comentarios

 
Foto
0 Comentarios

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Archives

    Mayo 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Febrero 2025
    Enero 2025
    Diciembre 2024
    Noviembre 2024
    Octubre 2024
    Septiembre 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Enero 2024
    Diciembre 2023
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Septiembre 2023
    Agosto 2023
    Julio 2023
    Junio 2023
    Mayo 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO