Encontro da Rede do Rural
Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural Lodoselo, Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, Sarreaus (A Limia) 26 outubro 2024 Coidados e acompañamento na comunidade e nun medio rural habitable Xeira de mañá De 10:00 a 10:30 Recepción e saúdo 10:30 a 11:00 Presentación do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso A cargo de Antonio R. Corbal, acollemento na casa reitoral e presentación de proxectos, pioneiros na comarca ourensá da Limia e en todo o país galego, que foron promovidos polo CDR O Viso en Lodoselo (Sarreaus): O POBO ESCOLA DE LODOSELO, e o proxecto sobre os Coidados e acompañamento a persoas maiores na mesma comunidade, cun exemplar modelo de atención comunitaria dentro do propio contorno. https://cdroviso.org/ 11:00 a 12:00 Presentación da Rede do Rural, Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural (rededorural.org) Por parte de membros dos grupos de traballo da Rede do Rural: Antecedentes, traxectoria, accións na actualidade, procura de adhesións, páxina dixital e debates de cara ao futuro. 12:00 a 12, 15 Parva 12:15 a 13:00 Palestra: Outra Limia é posible En torno ao ámbito da Lagoa de Antela ao cargo de Serafín González Prieto, membro do Centro Superior de Investigacións Científicas, na rama de edafoloxía e Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, pertencente á sección de Antela. 13:00 a 14:00 Visita guiada polo lugar de Lodoselo Percorrido vivencial pola aldea, relacionado co proxecto do Pobo Escola e coas instalacións de servizos comunitarios hoxe en día en plena actividade. 14:00 a 15:30 Xantar nas instalacións dos referidos servizos comunitarios. 15:30 a 16:00 Visita ás persoas residentes na comunidade local. Xeira de tarde 16:00 a 16:30 Palestra: A sensibilidade da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense co desenvolvemento rural. A cargo de X. M. Cid Fernández, Ex-decano da Facultade de Educación e Traballo Social, de Ourense, Universidade de Vigo, e Isabel Mociño González actual decana da mesma Facultade. Falarán dun significativo compromiso, durante décadas e na actualidade, co desenvolvemento rural. 16:30 a 20:00 Presentación de proxectos territoriais Mostra de múltiples iniciativas de dinamización e desenvolvemento rural da comarca Limiá e de comarcas proximais: Allariz e Manzaneda entre outras. A amplitude e a inmensa diversidade que se desenvolve en todos os sectores socio educativos, culturais e produtivos rebórdanos no intento de deixar constancia de todos e cada un deles. Acadaremos no posible unha considerable morea de testemuñas que se poden converter en optimistas referencias. No medio da mostra, a media tardiña, haberá uns petiscos. Entre as iniciativas contaremos con: Portas Abertas. Centro de Desenvolvemento Rural. Programa integral de intervención no medio rural na comarca de Monterrei, Tamara Balboa García, coordinadora, Vilardevós. https://www.cdrportasabertas.org/ Arca da Noe. Taberna cultural e comidas caseiras con produtos locais e ecolóxicos. Noemí Vázquez, Vilar de Santos. https://vinte.praza.gal/artigo/a-arca-que-prendeu-raices-no-vilar Os Tres Reinos. Asociación que presta servizos a persoas en risco de exclusión social. A Mezquita, Cristina Claveira Antucho. Lumecú. Mercedes Vieites; artesá, costureira do traxe tradicional galego, con marca propia. Proxecto As mulleres con ás. Vilar de Santos. https://lumecu.gal/ O Rexo. Ecoespazo. Queixos ecolóxicos de leite de ovella. Rosa Valverde, Allariz. https://orexo.gal/ Faragullas. O forno tradicional, elaboración de pan artesanal. Fer e Carmen, O Mosqueiro, Vilar de Santos. Xeitura. Xestión do Patrimonio Cultural. Begoña Garrido, socia fundadora. https://www.xeitura.com/ Amarelante. Sociedade cooperativa para a recuperación de soutos e elaboración de produtos derivados da castaña. Sonia e Lito. Manzaneda. https://amarelante.gal/ Aldo Super, sabor de aldea. Presentación do produto con degustación. Elaboración de chourizos caseiros con carne de produción ecolóxica. Vilar de Santos. https://sabordealdea.com/gl/ Carabunhas. Produtos artesanais de sabugueiro, bebidas e galletas, Eva e Nelson, Vilar de Santos. https://carabunhas.com/ Shiitake. Producción ecolóxica de cogumelos. Geli. Trives. https://www.shiitaketrives.gal/ Tralaleira. Cooperativa de mulleres pola produción hortícola ecolóxica. Viveiros. Uxía . Allariz. Teté Mareque. Proxecto de recuperación da lá de ovella galega autóctona, incluíndo a da granxa ecolóxica A Ciruxana, de Xoán, Vilariño de Conxo. https://granxaaciruxana.gal/ Terra e Xente. Unión de Asociacións rurais. https://voluntariadogalego.org/entidades/8533 Outros colectivos e entidades dinamizadoras que desexen apoiar este encontro poderanse sumar a esta mostra, así como adherirse á Rede do Rural. Así mesmo dende a Rede do Rural promovemos a adhesión á rede comezando pola conexión á pax. dixital mediante a Leira COOPERACIÓN EN REDE, tamén fomentamos a cohesión e facemos por acoller un Grupo Territorial formalmente constituído. Proposta vinculada co engadido de dúas xeiras extras, anterior e posterior á xornada do sábado, para o venres e o domingo. Unha vez feito un considerable desprazamento á comarca da Limia, e tomando conciencia da grande oportunidade que se nos ofrece, dadas as cuantiosas posibilidades deste territorio limiá da Raia Seca con Portugal, suxerimos aproveitar a viaxe facendo noite o venres e o sábado. Como continuación do programa deste encontro engadimos outra posibilidade, a de participar na oportuna coincidencia coa magnífica mostra de alternativas para dinamización do rural, que se concentran na localidade próxima de Xinzo de Limia, trátase da Feira do mercado social de Xinzo, Día 27 de outubro. Inscrición. Compre inscribirse no prazo sinalado, ata o día 21 de outubro, no correo da Rede do Rural. A inscrición farase enviando un correo a [email protected] , indicando nome, apelidos, correo electrónico, teléfono de contacto. Indica tamén se queres anotarte para o xantar. Localización. https://maps.app.goo.gl/hjVBg6YJkq3wGfdH9 Xantar. Necesario anotarse. Prezo 20 €, incluíndo as parvas. Aloxamento, suxestións: Albergue: na antiga casa Reitoral. Prezo 15 €, almorzo 3€ . Reservas: Chamar ao 988 461 571, en horas de oficina. Diversas posibilidades; O máis próximo é no lugar chamado Couso, a aldea rural rehabilitada e dedicada a aloxamentos, ou o hotel Couso Galán. Tamén existen varias casas anunciadas no territorio da Limia. Organiza Rede do Rural. Colaboran: CDR O Viso, Nova Escola Galega e Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense, Universidade de Vigo. Un dos obxectivos da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural é o de emprender accións conxuntas orientadas a unha atinada política de desenvolvemento global do país na que se integre un plan de educación específico para o rural galego. Por ese motivo, no ano 2022, fundamos o grupo de traballo PEER: Plan Específico de Educación no Rural.
No marco do mesmo, creamos, en 2023, diversos equipos de traballo, chamándose un deles Equipo de Planificación Educativa no Rural. Ese equipo elaborou uns meses despois un documento con algunhas das súas reivindicacións iniciais, coincidindo que gran parte do que recollían, no bloque relativo a un acordo de rateos específico no rural para grupos internivel, estaba tamén recollido no acordo entre varias organizacións sindicais (sen incluír á organización sindical maioritaria en Galicia, moi crítica co pacto) coa Xunta de Galicia o 11 de outubro de 2023 (publicado en xaneiro deste ano), ao facer referencia ese acordo a que, nas aulas que escolaricen alumnado de diferentes niveis, ciclos e/ou etapas educativas serán de aplicación os rateos recollidas no Acordo de agrupamentos do alumnado, do 10 de xullo de 2009. Por ese motivo, e malia que ese acordo deixaba sen introducir cambios importantes (por exemplo, non modificaba nada a situación en secundaria, bacharelato nin FP), ese equipo celebrou as melloras que incluía, á par que se amosaba crítico con algúns dos prazos de aplicación e escéptico con respecto a como ía ser levado á práctica. Nove meses despois da publicación do mesmo, elaboramos a infografía que publicamos á dereita, para dar á coñecer á cidadanía algúns dos puntos dese acordo (na metade de arriba) e, sobre todo, para denunciar publicamente que o mesmo non se está a cumprir. |
REDEEste é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural! Archives
Octubre 2024
Categories |