REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

As medidas para "mellorar" a calidade educativa no rural son insuficientes e mesmo chegan a non cumprirse

23/9/2024

0 Comentarios

 
Un dos obxectivos da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural é o de emprender accións conxuntas orientadas a unha atinada política de desenvolvemento global do país na que se integre un plan de educación específico para o rural galego. Por ese motivo, no ano 2022, fundamos o grupo de traballo PEER: Plan Específico de Educación no Rural.
No marco do mesmo, creamos, en 2023, diversos equipos de traballo, chamándose un deles Equipo de Planificación Educativa no Rural.
Ese equipo elaborou uns meses despois un documento con algunhas das súas reivindicacións iniciais, coincidindo que gran parte do que recollían, no bloque relativo a un acordo de rateos específico no rural para grupos internivel, estaba tamén recollido no acordo entre varias organizacións sindicais (sen incluír á organización sindical maioritaria en Galicia, moi crítica co pacto) coa Xunta de Galicia o 11 de outubro de 2023 (publicado en xaneiro deste ano), ao facer referencia ese acordo a que, nas aulas que escolaricen alumnado de diferentes niveis, ciclos e/ou etapas educativas serán de aplicación os rateos recollidas no Acordo de agrupamentos do alumnado, do 10 de xullo de 2009.
Por ese motivo, e malia que ese acordo deixaba sen introducir cambios importantes (por exemplo, non modificaba nada a situación en secundaria, bacharelato nin FP), ese equipo celebrou as melloras que incluía, á par que se amosaba crítico con algúns dos prazos de aplicación e escéptico con respecto a como ía ser levado á práctica.
Nove meses despois da publicación do mesmo, elaboramos a infografía que publicamos á dereita, para dar á coñecer á cidadanía algúns dos puntos dese acordo (na metade de arriba) e, sobre todo, para denunciar publicamente que o mesmo non se está a cumprir.
Foto
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Archives

    Mayo 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Febrero 2025
    Enero 2025
    Diciembre 2024
    Noviembre 2024
    Octubre 2024
    Septiembre 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Enero 2024
    Diciembre 2023
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Septiembre 2023
    Agosto 2023
    Julio 2023
    Junio 2023
    Mayo 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO