REDE DO RURAL
Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural GONDOMAR - VAL MIÑOR ENCONTRO DE EDUCACIÓN E DESENVOLVEMENTO RURAL 17/febreiro/2024 Localización: Instalacións do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), Avenida da Feira, 10 Gondomar - Rexistro previo de balde: Cumprimentación de formulario ubicado na páxina dixital https//:www.regaeder Cronograma horario: 10.15 h. Recepción participantes 10.30 h. CRA “Antía Cal”, un proxecto educativo, comunitario, cooperativo e comprometido coas crianzas e as súas familias. 11.30 h. Leite, infusións e petiscos 11.45 h. Instituto de Estudos Miñoranos -IEM- ...Educación non reglada dende a esculca da contorna dun herdo patrimonial ata a operativa de resultados: Documentos audiovisuais arredor da Compostaxe e a Serra do Galiñeiro. 13.00 h. Achegas dos grupos de traballo da Rede do Rural para un Plan Educativo Específico para o Rural Galego -PEERGA- 14.30 h. Xantar 16.00 h. Formación e instrución comunitaria nos usos sostibles do herdo rural para unha economía cooperativa de man común: Proxectos e resultados da Mancomunidade de Montes de Couso. 18.00 h. Remate e despedida Organización da xornada: . Teimaremos por encetar ás 10.30 h. A meirande partilla de persoas chegará no mesmo día e, se o fai con anticipación duns minutiños, acollerémolos con leite ou infusións quentiñas e un petisco doce. . Cada ponencia terá unha duración achegada aos 30 minutos que se complementarán con outros tantos para aclaracións, conversa centrada e contrapuntos arredor de cada unha das ponencias. . Dacabalo de cada ponencia haberá 10 minutos para as infusións e petiscos, seguidos de 5 minutos para facilitaren a incorporación á ponencia seguinte. . Durante a xornada seredes informados puntualmente de variacións ou complementarias. . Agradecemos a cooperación coa puntualidade e organización do Encontro. XANTAR Aínda que cada quen poderá xantar onde máis lle preste, a Rede do Rural ten previsto comer no Restaurante “Pazo da Escola”, de Gondomar, cunha operativa gastronómica de abondosas racións ao xeito “quitafames”, con opcións vegano-vexetarianas, a escolmar no intre de facer a reserva, nun prezo/persoa de 25 euros. Será imprescindible facer reserva e abono do importe, como moito, antes do 14 de febreiro, ingresando na conta Banco Santander ES56 00497868202910010353, Titular: Complexo de Turismo Rural Pazo de Mendoza SL, coa referencia “Xantar 17 febreiro”.Se vos colle, no campo de texto, indicade Vegano ou Indistinto, consonte prefirades a prevalencia do menú. No caso de que o aplicativo de pago empregado non volo acepte, remitide un correo a [email protected] indicando tal opción gastronómica. Hospedería, itinerarios patrimoniais e outra información As persoas que desexen chegar con antelación ou ficaren na contorna de Gondomar – Val Miñor poderedes atopar información e, escolmala ao voso mellor criterio ou intereses, nas páxinas da Internet. Máis información arredor do Encontro: Correo dixital: [email protected] Páxina dixital https//:www.regaeder.com CONFERENCIA: “As Escolas do Insiño Galego: centenario da primeira incorporación do galego ao ensino (1923-2023)”.
VISIONADO DO DOCUMENTAL: “Aprender na língua própria. Das Escolas de Ensino Galego á Semente”. A cargo de Santiago Quiroga García, pedagogo, mestre de ensino primario no CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto (Boqueixón, A Coruña) e coordinador nacional das Escolas de Ensino Galego Semente, rede de centros educativos sen fins lucrativos, laicos, anovadores e de inmersión lingüística en galego. Organiza: Francisco Xosé Candia Durán, profesor da materia “Teoría e Historia da Educación Escolar”. Venres, 22 de decembro de 2023. Ás 12:00 hrs., no salón de actos da Facultade (1º andar) de Formación do Profesorado de Lugo, Av. Ramón Ferreiro, s/n. Actividade aberta e gratuíta. Achegamos para colectivos e asistentes, o cartaz da convocatoria e indicacións da mobilización que se vai celebrar en Val do Dubra.
Ligazón do emprazamento: https://maps.app.goo.gl/PDTgwsbpo3Jtp3yU7 Para máis información, podedes facer as descargas nas seguintes ligazóns: Cartaz do roteiro de Val do Dubra: https://drive.google.com/file/d/1i6GoNI4lXFnPY5nVYBxlsfa5jpbbYp_0/view?usp=sharing Arquivo KMZ de google earth con ubicación da actividade: https://drive.google.com/file/d/1E_BoqIT9gTG4vllvVwhYgCjy0GGICDii/view?usp=sharing Cartaz do evento en jpg: https://drive.google.com/file/d/1j_mdcZwt63_07UYEWwVrcUJaGrhtosxP/view?usp=sharing Memoria da actividade: https://drive.google.com/file/d/1_U5ot2b8mn1eprCsJmwm5nixg9f4j59F/view?usp=sharing Captura de pantalla co roteiro: https://drive.google.com/file/d/1dgPsH8GO18yPriZEXt2FDBt-yR5JtWce/view?usp=sharing Pregamos a difusión nas vosas web´s e redes sociais. Galiza, a 30 de novembro de 2023.- Con motivo do Día Mundial das Montañas, a Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 plataformas, colectivos e organizacións galegas, convoca novas mobilizacións de carácter provincial e comarcal, que terán lugar os días 9 e 10 de decembro. Os actos reivindicativos terán lugar en forma de concentracións, marchas e andainas, nas seguintes localizacións: Amil (Moraña), na provincia de Pontevedra; en Vilar de Barrio, na provincia de Ourense; Campo de Carlexo (Val do Dubra) e Ortigueira, na provincia da Coruña; e na capital lucense e A Fonsagrada, na provincia de Lugo. Agás no caso da Fonsagrada, todas as demais mobilizacións celebraranse na mañá do domingo, día 10 de decembro.
O lema empregado nesta ocasión para os actos reivindicativos será: “Defendemos as montañas fronte a gobernos e especuladores”, co propósito de ensalzar o determinante papel que está a xogar a sociedade civil organizada na defensa do territorio galego fronte o espolio eólico e a traizón dos gobernos. O pobo, empoderado na defensa do territorio Esta é a terceira edición na que a Coordinadora Eólica Así Non aproveita o Día Mundial das Montañas para apelar ás administracións públicas a defender os valores e recursos naturais comúns dos montes galegos fronte á depredación eólica. Porén, hai tempo que os gobernos da Xunta e do Estado veñen demostrando un manifesto abandono da súa función pública como valedores do interese xeral no proceso de transición ecolóxica, para poñerse ao servizo do lobby enerxético. Aos decretos de guerra do Estado español, que eliminan a avaliación ambiental da tramitación das autorizacións de renovábeis, súmanse agora as novas iniciativas lexislativas de excepción da Xunta de Galiza que declaran a prevaleza dos proxectos eólicos sobre calquera outra actividade no territorio, e que destinan inxentes recursos públicos a sociedades público-privadas explotadoras de recursos naturais, nas que a Xunta está en minoría. Estas recentes disposicións normativas de carácter extraordinario e antidemocrático constatan unha vez máis a verdadeira intención de quen nos goberna: entregar o noso país ao capital privado e favorecer os seus intereses especulativos. Ao tempo, tanto Xunta como Estado seguen a demorar sine die a ampliación dos espazos naturais protexidos galegos e a protección de zonas húmidas, ademais de insistir, baixo o manido pretexto da simplificación administrativa, no recorte da capacidade de intervención das organizacións sociais e das comunidades afectadas nos procedementos administrativos de planificación e autorización dos proxectos. Por se fose pouco, o Executivo galego e a patronal eólica, contrariados polas recentes sentenzas anulatorias e paralizacións cautelares de proxectos eólicos ilegais, están a protagonizar nos últimos meses unha vergoñenta campaña de descrédito e coacción contra o Tribunal Superior de Xustiza, na que se acusa sen contemplacións ao poder xudicial de facer política e de crear inseguridade xurídica. Tal servilismo e deixazón de funcións públicas por parte dos gobernos está alimentando a potestade do lobby enerxético para exercer con máis forza os seus abusos sobre as poboacións afectadas, obstruíndo o acceso á información, ocupando grandes superficies, expropiando terras sen previa negociaición, e fragmentando fraudulentamente os seus macroproxectos para saltarse as salvagardas legais en materia de protección ambiental e de participación pública. Este modelo intensivo e especulativo de implantación de enerxías renovábeis entrega o país enteiro a mans das grandes eléctricas e incapacita a sociedade galega para acadar un tránsito ordenado, equilibrado, ecolóxico e xusto cara a un territorio libre de combustíbeis fósiles. O tempo e os feitos veñen unha vez máis a darnos a razón, demostrando que son eles, os gobernos e especuladores, os que crean inseguridade xurídica, e somos nós, os galegos e galegas, as que estamos defendendo a nosa terra para termos un futuro. As montañas, de interese público de primeira orde As montañas son as nacentes do 80% dos ríos e regatos que abastecen de auga o noso territorio, regulan o clima, controlan a erosión do solo, crean paisaxe, outorgan alimento e outros recursos básicos, preservan a biodiversidade, captan CO2, acollen especies, endemismos, e hábitats protexidos, e constitúen o fogar secular de boa parte da poboación rural galega. Sen elas non sería posible a vida. Sen embargo, non gozan da consideración de “interese público superior” nin se fai prevalecer a súa preservación sobre os intereses privados do gran capital. Desde a Coordinadora “Eólica Así Non” mobilizámonos tamén no Día Mundial das Montañas para reclamar a súa consideración como ecosistemas de interese público de primeira orde, e como principais garantes de saúde, seguridade e futuro do pobo galego. Para máis información: Belén Rodríguez, Coordinadora Eólica Así Non: tfno 698139913. Recoller e comprender é o que agora están a facer asociacións desa zona. O primeiro paso é recompilar vocabulario tradicional, palabras que se van perdendo ou que se empregan menos. O profesor Paco Veiga, que naceu na Órrea (Riotorto) e que ten ampla participación na vida social e cultural da comarca natal, lembra a normativización do galego como un proceso necesario pero con negativos efectos secundarios: «Perdéronse as falas locais», afirma.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/riotorto/2023/11/25/span-langglas-palabras-merlin-familiaspan/00031700946175233909401.htm?fbclid=IwAR0sgaZSYYOoSnCABG_iqPcLYNog_qhznIa41YlmNGwfRGBmCn32l0ZpfSw Con alegría e orgullo anunciamos que o vindeiro venres 1 de decembro o edificio CERSIA acollerá a celebración dun evento conmemorativo do décimo aniversario da Confederación ANPAS Galegas.
O programa previsto para este evento, ao que se poderá asistir por invitación, é o seguinte: 18:00 h. PRESENTACIÓN, a cargo de Isabel Calvete, Fernando Lacaci e Javier Sánchez 18:30 h. VISUALIZACIÓN DO VIDEO 18:45 h. CHARLA: “A comunicación clave da convivencia na comunidade educativa”, impartida por Xosé Ramos Rodríguez e Mariló Candedo Gunturiz, pedagogos e membros de Nova Escola Galega. 19:30 h. REMATE DO ACTO E PETISCOS. Parece que foi onte, pero ANPAS Galegas xa leva unha década adicada a fortalecer e defender o ensino público. Esta é unha ocasión para recoñecer e agradecer a participación activa das familias na construción da nosa comunidade escolar. Sen o seu voluntariado e compromiso, non teriamos chegado a conseguir moitas das melloras destes últimos anos, ou ben o camiño para acadalas de seguro sería moito máis complexo. É este tamén un momento para salientar que contamos con folgos renovados, polo que ANPAS Galegas continuará loitando durante (agardamos) moitos anos máis, perseguindo o mesmo obxectivo dos comezos: garantir un ensino público de calidade para todas as crianzas. A nosa forza está na nosa unión! |
REDEEste é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural! Categories |