REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

Negar a contaminación da Limia é poñer en perigo a nosa saúde e o futuro do territorio

20/4/2025

0 Comentarios

 
Foto
COMUNICADO DO MOVEMENTO ECOLOXISTA DA LIMIA
Negar a contaminación da Limia é poñer en perigo
a nosa saúde e o futuro do territorio
Xinzo de Limia, sábado 19 de abril de 2025.
Hai tres anos, o Ministerio de Medio Ambiente, tras constatar evidentes procesos de eutrofización nas augas do encoro das Conchas e contaminación das augas subterráneas na Chaira da Limia, declarou oficialmente as augas como afectadas.
Este prazo de tres anos era o tempo máximo que tiña o goberno de Rueda para declarar a zona como vulnerable. Non só non o fixo, senón que agora volve negar a existencia do problema.
 Hai xa cinco anos que a Xunta, no seo da Mesa da Limia, recoñeceu a gravidade da situación ambiental provocada pola excesiva carga gandeira e as malas prácticas agrícolas. Nese momento presentaron o chamado Plan Estratéxico da Limia, que prometía:
• Reducir a carga gandeira industrial.
• Construír plantas de tratamento para os xurros porcinos.
• Formar aos agricultores en boas prácticas agrícolas.
• Diversificar e potenciar alimentos de calidade.
 
Pasou o tempo e, lonxe de aplicar ningunha destas medidas, esqueceron o plan e retomaron o discurso negacionista. Nunha fuxida cara a ningures, o goberno galego, alcaldes, sindicatos e agora tamén forzas que tradicionalmente defendían o territorio, adoptan un discurso populista que incita ao sector agrogandeiro a opoñerse cegamente a calquera medida que busque protexer o medio ambiente e a saúde pública.
Pero o verdadeiro perigo non é declarar a Limia como zona vulnerable.
O verdadeiro perigo é beber auga contaminada con nitratos e pesticidas.
O perigo é mirar para outro lado mentres os residuos gandeiros —os “puríns”— son esparexidos por montes e parcelas en calquera época do ano, sen control.
O perigo é cando cheguen as sancións da Unión Europea por incumprir a Directiva de Nitratos e a normativa de calidade da auga. Un custo que pagaremos todos pola irresponsabilidade duns poucos.
O perigoso e ameazar, embeleñar e provocar a ira de agricultores e empresarios das macrogranxas para enfrontalos e amedrentar a todos aqueles veciños que se atreven a reclamar que se deixe de contaminar a auga que bebemos.
Pola saúde, pola auga e polo futuro da Limia: esiximos responsabilidade, medidas reais e fin ao negacionismo.
M.E.L (Movemento Ecoloxista da Limia)
​
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Archives

    Mayo 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Febrero 2025
    Enero 2025
    Diciembre 2024
    Noviembre 2024
    Octubre 2024
    Septiembre 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Enero 2024
    Diciembre 2023
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Septiembre 2023
    Agosto 2023
    Julio 2023
    Junio 2023
    Mayo 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO