REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

Queremos Galego!                                            Plataforma Cidadá                                                      Comeza o proceso social Lingua Vital. Participa!

4/4/2025

0 Comentarios

 
Queremos Galego!
Plataforma Cidadá

Comeza o proceso social Lingua Vital. Participa!Para conseguir avances na normalización da lingua galega e garantir a súa presenza e oferta en todos os espazos e para todos os usos acadáronse e ratificáronse acordos e nacionais e internacionais. Entre eles destacan pola súa unanimidade a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996), a Carta Europea das Lingua Rexionais e Minorizadas (2001) e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004).
 
No entanto, é evidente que estes acordos non se están a respectar, que as medidas que indicaban non se aplican e que neste tempo se chegou a lexislar en contra deles. O resultado deste desleixo é a aceleración da tendencia negativa no uso do galego e unha porcentaxe de incapacidade para falalo inédita na historia de Galiza.
 
Na plataforma cidadá Queremos Galego coidamos que é hora de reaxir e de que, como sociedade, asumamos a responsabilidade da que desertaron as institucións. Farémolo a través do Proceso social Lingua Vital coa participación de todas as entidades, colectivos e organizacións de Galiza que queren mudar o rumbo do galego.
 
O obxectivo deste proceso é avaliar o cumprimento dos acordos, identificar os obstáculos que impediron o seu cumprimento e, finalmente, propor accións concretas que comprometan a colectivos sociais e institucións na súa execución partindo dos acordos unánimes.
 
Comezaremos recollendo as propostas dos plenarios comarcais de Queremos Galego, para debatelos nos diferentes grupos de traballo sectoriais. Inicialmente estruturaranse segundo os sectores que fixaba o Plan xeral de normalización da lingua galega: Dereitos lingüísticos, Novas tecnoloxías, Implementación do Corpus, Administración, Educación, familia e mocidade, Medios de comunicación e industrias culturais, Economía, Sanidade, Sociedade, Proxección exterior da lingua.


Calquera colectivo poderá participar neles co único requisito de se inscribiren previamente no formulario que se xunta. Estes grupos definirán as propostas que se porán en común na coordinadora do proceso, formada por unha representación dos grupos e as entidades sociais de ámbito nacional.
 
O resultado deste proceso será presentado publicamente e ás diferentes institucións implicadas.

Inscrición entidades e colectivos sociais

Plataforma Cidadá
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Archives

    Mayo 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Febrero 2025
    Enero 2025
    Diciembre 2024
    Noviembre 2024
    Octubre 2024
    Septiembre 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Enero 2024
    Diciembre 2023
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Septiembre 2023
    Agosto 2023
    Julio 2023
    Junio 2023
    Mayo 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO