|
A cidade da Coruña acollerá as xornadas "O rural galego en feminino", organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña, na fin de semana do 29 e 30 de novembro.
As actividades do primeiro día desenvolveranse no Centro Cívico da Cidade Vella (Rúa Veeduría, nº 2, A Coruña) e contarán con relatoras e activistas que reflexionarán sobre o papel das mulleres no rural galego, os desafíos ambientais e sociais, e os novos modelos de sustentabilidade e emprendemento. Programa do sábado 29 11:00 h – Apertura das xornadas 11:20 h – María do Mar Pérez Fra, doutora no Departamento de Economía Aplicada da USC. 11:40 h – Marta García Vilar, responsable do proxecto Millo e Landras. 12:00 h – Pausa café 12:20 h – Llerena Perozo Porteiro, activista ecofeminista e traballadora eidos profesionais da cultura (produción audiovisual e editorial), o medio ambiente e a igualdade. 12:40 h – Coloquio 14:00 h – Fin da sesión de mañá 16:30 h – Comezo da sesión de tarde 16:40 h – Taller: “O emprendemento feminista contra o capitaloceno: ferramentas e aprendizaxes”, con 50 pés consultoras. 19:00 h – Encerramento do evento Visita do domingo 30 O domingo realizarase unha visita guiada á Granxa Ecolóxica de Lousada, un proxecto referente en produción sustentable e prácticas agroecolóxicas. A saída está programada para as 16:00 h. Cómpre inscrición previa neste formulario. Máis información sobre a granxa: @granxas_de_lousada Agardámoste! Estas xornadas contan co apoio do Concello da Coruña.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
REDEEste é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural! Archives
Noviembre 2025
Categories |
Canal RSS