Doli doli doli… coas conserveiras. Rexistro de Traballo. En 1989, perto de cen mulleres, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta ao peche inminente da fábrica conserveira. En 2010, Uqui Permui realiza este documental baseado no material gráfico que as traballadoras grabaron durante o seu encerro.
Matria. Ramona vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e a súa neta.
As regateiras de Bueu. A relación da muller galega co mar é incuestionable: mariscadoras, redeiras e pescantinas son algúns dos oficios que tradicionalmente desempeñaron e aínda desempeñan as mulleres das zonas costeiras. No ano 2014 co gallo do Día da Muller Traballadora, o concello de Bueu homenaxeou a figura das regateiras coa creación desta peza audiovisual. Na mesma páxina pódense ver documentais sobre emigradas e conserveiras, entre outros temas.
Atadora. Historia de María, filla de Lita, redeira en Malpica e sobre e a transmisión e o futuro do oficio.
Entre patifas. Esta pequena peza documental achégase ás vivencias de catro patifas de Cesures que falan do seu traballo como vendedoras ambulantes de peixe, do seu esforzo, cos cestos de peixe na cabeza e a pé de aldea en aldea. Curtametraxe de 2007, de Pachi Pachi Baranda.
As mariscadoras do río Anllóns. Pequeno documental que describe o traballo cotiá das mariscadoras que traballan no esteiro do Anllóns. As condicións laborais, o proceso de recollida do marisco ou as distintas artes empregadas son algúns dos temas que trata esta peza audiovisual.
Mariscadoras do Anllóns. O esteiro de Anllóns é o escenario no que se ambienta esta pequena peza audiovisual, na que Julia Haz, presidenta da Agrupación de mariscadoras do río Anllóns, fala do traballo de mariscadora.
Marea de mulleres. “Retrato colectivo das mulleres de Ares que traballaban nas fábricas de salgadura da zona. A través delas sabemos do que era o seu oficio e as súas condicións laborais, pero tamén das súas lembranzas e arelas” [Web do proxecto Vidas Mariñeiras].
Mulleres de Sal. Reportaxe documental que conta como é a vidas de varias mulleres relacionadas co mar, este proxecto foi levado adiante pola concellería de Igualdade do concello de Soutomaior en relación cos actos do día Internacional da Muller. Mariscadoras e peixeiras todas elas do concello de Soutomaior forman parte o fío condutor desta reportaxe.