REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO
Imagen


REDE DO RURAL

(Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural)

Facebook:  https://www.facebook.com/profile.php?id=100090242057526
 
Instagram:   https://instagram.com/rede.galega.de.educacion.rural?igshid=MzNlNGNkZWQ4Mg

Picture
Somos
Unha comunidade diversa de persoas, colectivos, organizacións e entidades vencelladas polo fío transversal da defensa dun medio rural desenvolvido desde a sostibilidade ecosistémica como garante da sostibilidade socioeconómica.
A Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural, abreviadamente chamada REDE DO RURAL, xorde como reacción ante a situación de xeral desfeita que sofre o mundo rural. Constitúese esta Rede, con vocación de funcionamento asembleario, dentro dunha conformación de pluralidade e coincidindo na inquedanza común de preservar e desenvolver o rural galego.

Recollemos e construímos
O traballo educativo e dinamizador desenvolvido dende hai máis de corenta anos por colectivos de mestres/as, así coma por multitude de proxectos sociocomunitarios senlleiros  e referenciais espallados polo territorio  rural galego.

Apostamos por
1. Configurar un amplo grupo de acción interdisciplinar comprometido coa análise e procura de alternativas para afrontar o deterioro do rural.

2. Formular demandas, coas oportunas propostas de solucións, diante dos axentes responsables.
3. 
Dignificar e dinamizar o ámbito rural en todos os aspectos, de xeito comunitario, interxeracional e coa debida revalorización da cultura popular.
​4. 
Preservar e desenvolver un rural con raíces antropolóxicas culturais propias.

EIXOS DE TRABALLO

Picture
Construír, consolidar e espallar a propia  Rede para o Desenvolvemento Rural Galego .
Instar a  definición e elaboración dunha nova Estratexia Integral de Desenvolvemento Rural  por parte da Xunta de Galicia.
Promover un Anteproxecto de Plan de Educación Específico para o Rural Galego.
Ofrecer unha canle multidisciplinar, en liña, co fin de fomentar, dar visibilidade, e cohesionar as múltiples iniciativas produtivas, así coma as experiencias revitalizadoras, que frutifican no país rural galego dun xeito case inadvertido.
Na seguinte ligazón ampliamos información sobre o Documento de Presentación, que contén: 
- Estamos presentes: colectivos e membros compoñentes da Rede.
- Construímos
- Obxectivos da Rede do Rural
- Funcións da Rede do Rural
DOCUMENTO DE PRESENTACIÓN
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO