REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO
Picture

OBXECTIVOS

EIXES DE TRABALLO

Picture
APOSTAMOS POR dotar ó rural dunha Rede que comunique, debata, consensúe  e aprobe propostas   e  iniciativas coma unha soa voz harmonizada previamente para esixir ás Administracións e ós Gobernos municipais, provinciais e autonómico  os dereitos que, sendo nosos, se nos negan.
Picture
Picture

CREAR

Configurar un amplo grupo de acción interdisciplinar comprometido coa análise e procura de alternativas para afrontar o deterioro do rural..
Picture
Picture

DEMANDAR

Instar a  definición e elaboración dunha nova Estratexia Integral de Desenvolvemento Rural  por parte da Xunta de Galicia, participada por entidades representativas das persoas que viven no rural...como medida prioritaria para preservar o territorio rural.
Picture
Picture

ARTELLAR

Elaborar un Anteproxecto de Plan Específico de Educación  para o Rural, dende unha perspectiva integral e comunitaria, vertebrada na Estratexia sobredita e que garanta a visibilización e valorización do territorio rural coma alternativa de vida  saudable e de calidade.

OBXECTIVOS

- Configurar un amplo grupo de acción interdisciplinar comprometido coa análise e procura de alternativas para afrontar o deterioro do rural.
- Consolidar un equipo coordinador có  obxecto  de recoller e espallar as iniciativas que na actualidade se moven con moi escasa visibilidade a nivel galego.
- Promocionar novas iniciativas,  creando  grupos asesores e bancos de experiencias exitosas ou de boas prácticas, para as distintas áreas de desenvolvemento, mesmo tomando aquelas referencias do pasado que non perderon vixencia.
- Avaliar as medidas implantadas ou consentidas pola Administración, asumindo unha  función de observatorio, cun equipo que acubille  e oriente as espectativas coherentes co anteproxecto. 
- Formular demandas, coas oportunas  propostas de solucións, diante dos axentes responsables.
​- Dignificar e dinamizar o ámbito rural.
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO