REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

LEIRA DE EDUCACIÓN E ESCOLARIZACIÓN

PRÁCTICAS PARA A SENSIBILIZACIÓN CARA ÁS PERSOAS MAIORES - ESCOLA DE VIXOI
UNIDADE DIDÁCTICA

DEFENSA DA EDUCACIÓN NO RURAL

Libro "A educación no rural en Galiza"

É necesaria unha planificación consecuente cos principios dunha educación de calidade e integrada nun proxecto global de desenvolvemento do mundo rural galego. Trataríase dunha planificación que dese prioridade á resposta aos dereitos da infancia a recibir atención educativa no seu medio e recoñecese a utilidade social da escola no seu papel de revitalizadora das comunidades rurais.

Foto
Aproveitamento dos Recursos do Medio Natural”: unha ferramenta educativa máis contra o despoboamento do rural
AÍNDA NON RAIABA O DÍA ( Antón Costa)
ARTIGO: A LOITA POLa EDUCACIÓN NO RURAL GALEGO (USC INNOVACIÓN EDUCATIVA)
ARTIGO: ESCOLAS EN CONTORNAS RURAIS EN GALICIA: HORIZONTE DIFÍCIL / HORIZONTE POSIBLE
EDUCACIÓN Y MUNDO RURAL (ANTÓN COSTA E ALICIA CIVERO)
O APALPADOR PANDIGUEIRO
REVISTA FINISTERRA: DELIMITACIÓN Y DEFINICIÓN DEL MEDIO RURAL
A CULTURA ESCOLAR POPULAR E AS ESCOLAS DE FERRADO
GROMOS VERDES
PROXECTO ESCOLARIZACIÓN ALTA MONTAÑA
CRAS GALICIA (Ángel Segovia)
LA DIDÁCTICA MULTIGRADO Y LAS AULAS RURALES (Antonio Bustos)
RGE: AS MESTRAS DA MONTAÑA
ARTIGO: APOSTA POLA MONTAÑA (IRIMIA)
RGE: CONCENTRACIÓNS NO RURAL
TEMPOS NOVOS: PREESCOLAR SEN CASA
RGE: HISTORIA DA MESA DE EDUCACIÓN NO RURAL
REXORDE: ARTIGO: PREESCOLAR NA CASA
ARTIGO: A EDUCACIÓN SOÑADA NA MONTAÑA
CONVERSA COA MESTRA ALICIA LÓPEZ PARDO
ENTREVISTA A ALICIA LÓPEZ PARDO: LOITA CONTRA A SUPRESIÓN DE ESCOLAS E SERVIZOS (IRIMIA)
MEMORIA SOCIAL, LITERATURA E HISTORIA DA EDUCACIÓN: RASTROS SOBRE O TEMPO DO FRANQUISMO E A TRANSICIÓN (Antón Costa e Uxía Bolaño)

POLÍTICAS EDUCATIVAS

DOCUMENTO BASE DA MESA GALEGA DE EDUCACION NO RURAL (2013)
PROPOSTA PARA UN PLAN DE EDUCACIÓN ESPECÍFICO PARA O RURAL
ANÁLISIS HISTÓTICO-LEGISLATIVO DE LA ORGANIZACIÓN DE LA ESCUELA RURAL
MANIFESTO MESA GALEGA DE EDUCACIÓN NO RURAL (2015)
REFERENCIAS: EDUCACIÓN EN CONTEXTOS RURAIS
OUTRAS AULAS OUTRA ESCOLA
Roser Boix: La escuela en la dimensión territorial
BIBLIOGRAFÍA: MONOGRÁFICOS SOBRE EDUCACIÓN RURAL
LEXISLACIÓN ACTUAL SOBRE EDUCACIÓN E RURALIDADE DE APLICACIÓN EN GALICIA (Francisco X. Candia)
Pilar Abós: El modelo de escuela multigrado

BANCO DE BOAS PRÁCTICAS

Libro: "A historia da pita que elixiu a nosa escola pra poñer"
Foto
No libro A historia da pita que elixiu a nosa escola pra poñer, os nenos falan por si mesmos e ofrécennos algo novidoso, pois consiste nun traballo escolar espontáneo baseado na crónica dun feito real: unha pita que chega a ser a motivación  das actividades dos escolinos polo feito de ser a escola o seu neal.
En cinco tempadas escolares (que abarcan os cursos 1975-1978) os pícaros cóntannos a visita case diaria da pita de Os Prados ("fermosa, grande, fachendosa, de cor rubio e  con algunhas pencas"..." dunha raza do mellor e  moi poñedora") e as vivencias e sentimentos cara a ela. A verdadeira narración da historia (realidade) compleméntase cun mundo de  fantasía (o mundo dos nenos) expresado nos debuxos, perfectos compañeiros dos textos, que enchen de cor e significación o relato. O libro complétase coas aportacións da mestra. Nestas, amais de contarnos a realidade e situación da escola de Os Prados, manifesta  a súa concepción do ensino aberto ao medio, que parta da  experiencia e necesidade dos nenos, no que estes "aprendan dun xeito  natural", lonxe de  ríxidos encadramentos.

"CHIRLO MERLO", MÉTODO PARA AAPRENDER A LER E ESCRIBIR

A idea de elaborar Chirlo Merlo nace nun grupo de tres profesores/as de Educación Infantil do CPI de Ponte Carreira (Frades), no curso escolar 1984/85. O alumnado de infantil procedía do ámbito rural e utilizaba o galego como idioma normal. Porén, os métodos que se vendían no mercado estaban todos en castelán, agás algún que non enchía as espectativas metodolóxicas. Detectábase a necesidade de dispoñer de materiais para poder ensinar a ler e escribir en galego e cunha fundamentación máis natural, con raíces en Freinet. Así, estes profesores tomaron a decisión de reunirse diariamente para elaborar fichas e contos que permitisen un ensino da lectoescritura máis acorde co que pensaban. O material elaborado cada día era fotocopiado para ser utilizado na aula. Estas primeiras fichas eran artesanais e en branco e negro, pero podían ser coloreadas e redibuxadas polos pequenos, o que lles daba un encanto especial e un nivel de vivenciación que non se conseguía coas fichas estándar. Así naceron os primeiros libros de contos de Chirlo Merlo.
Pasado certo tempo, outros profesores e profesoras interesáronse por estes materiais e quixeron utilizalos tamén nas súas aulas. Por esta razón,  comezou un proceso de subministración de fotocopias do material xa elaborado a outros/as profesores/as. Este proceso foise incrementando e chegou un momento no que nos prantexamos a posibilidade de editalo, o cal supoñía reelaboralo e, sobre todo, traballar cun grupo de colaboradores que puidesen testalo nas escolas para pulilo antes de ser publicado.
A publicación foi realizada pola editorial Ir Indo no ano 1991. Actualmente pódese consultar todo o material na web http://chirlomerlo.blogspot.com.

Foto
PRÁCTICAS PARA A SENSIBILIZACIÓN CARA ÁS PERSOAS MAIORES
ESCOLA DE VIXOI
ESCOLA DE CARRIO - CRA DE BERGONDO
O APALPADOR PANDIGUEIRO
TITA, A PALABRA XUSTA
TICS NA ESCOLA RURAL
XUNQUEIRA DE AMBÍA
CEIP SANTA COMBA - TRABALLO POR PROXECTOS
A NOSA PAISAXE - CEIP MONFERO
ORELLA PENDELLA
BRINCADEIRAS DA LINGUA - CANLE YOUTUBE
APICULTURA NOS ANCARES
UNIDADE DIDÁCTICA - O VENTO NO HORIZONTE DAS NOSAS ALDEAS
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO