VESPA VELUTINA. CAMPAÑA DE TRAMPEO PRIMAVERAL DE RAÍÑAS
AGA (ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA). FERROLTERRA Se non queres un niño de velutina preto da túa casa, coloca un par de trampas para cazar raíñas velutinas na horta ou xardín. file:///C:/Users/PEDRO/Desktop/PEER/Recomendaci%C3%B3ns%20trampeo%20rai%C3%B1as.pdf
0 Comentarios
Ferreiro, Xesús e Caride, José A. (2024). Educar y cuidar a la infancia de 0-3 años en la Galicia rural: la experiencia de las ‘Casas Nido’. Archivos Analíticos de Políticas Educativas, 32(16), 2-23.
https://doi.org/10.14507/epaa.32.8079 No interesante artigo póñense de manifesto, entre moitas outras, cuestión tan significativas como que: . Non se pode inferir que se produciron cambios demográficos orientados ao aumento de poboación nos municipios da Galicia rural con Casas Niño, continúan perdendo poboación. . A iniciativa de Casas Niño si contribúe a concentrar habitantes nos núcleos máis poboados, alí onde hai servizos e prestacións de alcance local. A maior parte das casas están situadas na capitalidade do municipio. . O 63% das titulares das Casas Niño afirma non colaborar con ningunha institución ou entidade do municipio e, das que o fan, só un 16,6% declara que é frecuentemente. Así, ao non establecer unha vinculación comunitaria, casa Niño non son axentes dinamizadores sociais. . Tampouco pode nin debe pasarse por alto que o peche de centros e a concentración escolar nos núcleos de poboación máis relevantes da contorna, motivou un éxodo de estudantes que converxe con outras circunstancias que están na orixe da emigración rural incesante, cara a vilas, cidades etc. . A Administración non contemplan explicitamente a figura masculina para a atención á primeira infancia. A muller aparece así asociada ao rol de xénero dos coidados, no ámbito privado ou público. Desde este enfoque machista, a conciliación familiar pode supoñer un espellismo ao fomentar a desigualdade de xénero. |
REDEEste é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural! Archives
Enero 2025
Categories |