REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

ALEGACIÓNS CONTRA OS MEGA-PARQUES EÓLICOS

18/2/2021

0 Comentarios

 
Prezadas socias e prezados socios da Rede do Rural:
Como ben sabedes, están proxectados macro-proxectos eólicos que afectarán gravemente ao patrimonio natural e cultural, cun impacto directo sobre aldeas, vilas, ecosistemas, sistemas fluviais etc., e non só a nivel local senón macroterritorial.
Ante este panorama desolador, hai un feixe de persoas organizando  traballo na defensa do rural desde a Rede Galega Stop Eólicos. Pero fan falta moitas máis persoas que boten unha man. Aínda que non se teña idea do que facer, cunha mínima dedicación colaborando en rede con quen ten experiencia neste ámbito, poden levarse a cabo colaboracións importantísimas -por moi pequenas que parezan- e os resultados miltiplicaranse exponencialmente.
Quen teña dispoñibilidade, para aportar o seu gran de area na tarefa, pode poñerse en contacto enviando unha mensaxe a través de:   facebook.com/RedeGalegaStopEolicos
En breve estará activa unha páxina web, onde tamén haberá un formulario de contacto:   redestopeolicos.org
PROPOSTA DE ACCIÓN INMEDIATA:
Facilítanse modelos de alegacións contra os mega-parques eólicos. Sería importante que se fixesen chegar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico o maior número posible de alegacións. E lembrade que temos dereito a usar o galego. Encontraredes tamén o enlace a un cadro resumo do Documento de Inicio contra o que se alega, por se queredes facer modificacións ou as vosas propias alegacións; canto máis variadas vaian moito mellor, así non poden dar resposta conxunta. Os mega-proxectos eólicos están a exposición pública aquí:
https://sede.miteco.gob.es/.../seMITECO/navSabiaDestacados
As alegacións son para cada un dos 3 procedementos dos 3 parques eólicos por separado, e cada un ten seu fin de prazo para alegar:
Rebordechao - Acaba 18 de febreiro.
Barjas - Acaba 19 de febreiro.
Prada - Acaba 3 de marzo.
Podedes cubrir os datos, e rexistrar electronicamente no Rexistro Electrónico Común do Estado (hai que ter certificado dixital, ou @cl@ave, ou DNIe), ou imprimir e rexistrar o documento en calquera administración pública. Tamén se pode imprimir e mandar por correo postal certificado (hai que levar unha copia para quedar con ela e que selen na enviada e na primeira folla da copia a data de envío), mais isto ten un custo aprox. de 5€.
https://valfluvialdolouridocorcoesto.com/.../a-importanc.../
É importante facer a máxima difusión posible.
Envíanse as tres alegacións xa descargadas. Só faltaría poñer os datos persoais e asinalas. Envíalas polo Rexistro dun Concello é do máis sinxelo.
Saúdos rurais.
​
0 Comentarios

EÓLICA CON SENTIDIÑO, POR FAVOR

17/2/2021

0 Comentarios

 
PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOVA DE EL PROGRESO
Imagen
0 Comentarios

SOMOS RURAL DE ANPAS GALEGAS

15/2/2021

0 Comentarios

 
Pincha na imaxe para acceder á iniciativa!
Imagen
0 Comentarios

February 15th, 2021

15/2/2021

0 Comentarios

 
A Rede Galega por um Rural Vivo é umha rede conformada por associaçons vizinhais de mais de dezasseis concelhos de toda a Galiza –ainda que esperam chegar a ser muitas mais–. O seu objetivo é atingir um marco legal mais justo para o rural e fomentar iniciativas que permitam que nom esmoreça. A todos os que participam une-os um denominador comum: serem vítimas de projetos eólicos abusivos que ameaçam a paisagem, as aldeias e os recursos económicos e de território da Galiza. Pincha na imaxe para acceder á nova!
Imagen
0 Comentarios

INVASIÓN EÓLICA

15/2/2021

0 Comentarios

 
Vídeo que mostra algúns dos megaproxectos eólicos que ameazan o rural galego.
0 Comentarios

Os xigantes eólicos volven achegarse ao último glaciar de Galicia

15/2/2021

0 Comentarios

 
Mobilización cidadá fronte ao proxecto dun parque con 31 aeroxeradores de 120 metros de altura na Serra do Eixe, no Macizo de Trevinca.
Pincha na imaxe para acceder á nova de GCiencia
Imagen
0 Comentarios

ANPAS DOS RURAL EN LOITA!

7/2/2021

0 Comentarios

 
Imagen
0 Comentarios

Un Foucín para rozar os estereotipos do rural

7/2/2021

0 Comentarios

 
Laura Pardeiro, creadora de 'Leiras e Marcos', recibirá este sábado en Becerreá a distinción do Foucín de Honra. Pensa nesta ferramenta e axiña lle evoca a necesidade de facer limpeza na mirada que proxectamos sobre Os Ancares, pero tamén na importancia de despexar a 'maleza' na propia sociedade para facela máis libre.
Pincha na imaxe para acceder á nova.
Imagen
0 Comentarios

As queixas pola nova contratación do transporte escolar no Courel chegan á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo

6/2/2021

0 Comentarios

 
Pincha na imaxe para acceder á nova publicada por EuropaPress
Imagen
0 Comentarios

NOVIDADES EDITORIAIS

2/2/2021

0 Comentarios

 
Pincha na imaxe para acceder á novidade
Imagen
0 Comentarios
<<Anterior

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Picture

    Archives

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO