REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

ENCONTRO ASEMBLEA DA REDE DO RURAL

20/9/2022

1 Comentario

 
O vindeiro sábado 1 de outubro realizaremos un ENCONTRO-ASEMBLEA da Rede do Rural en Parada do Courel, na casa-museo da Fundación Uxío Novoneyra (ver cartel e programa xuntos)
Picture
Picture
. 
Á coordinadora da Rede, coa colaboración da Fundaxión Uxío Novoneyra, cómprenos agora preparar a organización e a intendencia dese día, polo que che solicitamos que, no caso de que penses acudir, nos envíes a regaeder@gmail.com ATA O 26 DE SETEMBRO os seguintes datos: 
• Nome completo: 
• Correo-e: 
• Teléfono: 
• Desde onde viaxarás? 
• Permites que a organización difunda a outros asistentes o teu correo-e para compartires vehículo propio ou alleo? 
• Desexas que a organización che reserve un posto para o xantar?
 Por suposto podes traer acompañantes. En todo caso hai que cubrir os datos anteriores para cada persoa.

En canto ao xantar: será na cantina O Pontón, consistirá en entrantes de  cecina, ensalada, carne do Courel á parrilla, viño da casa, auga e sobremesa. Prezo do prato 22 euros. Para as persoas que non consuman carne teñen como posibilidade ensalada, queixo e a base de ovos. Nese caso compre comunicar o menú elexido canda os datos da inscripción .

Para aquelas/aqueles de vós que esteades pensando en quedar a durmir no Courel a noite do venres e/ou a noite do sábado, e  pola súa conta decida  ampliar unha desexable estancia no Courel, podemos suxerir algunhas posibilidades sobre visitas ben interesantes e sobre aloxamento asequible.

Na mesma aldea de Parada, nos apartamentos tipo cabanas A Carbiña, con capacidade cada un deles para 4 persoas, fan un desconto do 20% a quen  acredite participar neste encontro acollido pola fundación Uxío Novoneyra (FUN).
Tamén a Estación Científica de Seoane do Caurel colabora con este Encontro poñendo á disposición da FUN e da Rede do Rural catro habitacións dobres, para seren compartidas, a un prezo de 15 euros por persoa en cuarto compartido.
Entre Seoane e Folgoso, como poderedes comprobar, existen múltiples aloxamentos. Tratándose de tempada alta no turismo rural é preciso facer reserva canto antes.

En caso de algunha consulta nesta cuestión podes contactar 
con este número: 600730472 ou co correo 
regaeder@gmail.com

 
Se desexas ocupar o teu tempo no Courel con outras actividades, existen alternativas como, un roteiro polo souto de Parada, un roteiro ornitolóxico (pendente de confirmar), visita en Folgoso ao Museo de Madeira, Madeiroteca, do escultor Urbano Arza, unha visita á aula de natureza de Moreda do Courel, contacto con diversas iniciativas etc.  Cómpre sinalar ademais que o día 1 dende a tardiña comeza a xeira outonal de cantos de taberna polas aldeas do Courel. 

Apelamos á túa participación neste encontro-asemblea habida conta da situación na que se atopa a Rede e o gran número de asuntos relacionados co medio rural galego que reclaman a nosa atención. 

Un saúdo da coordinadora da Rede do Rural e da Fundación Uxío Novoneyra.

Rede do Rural (Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural): https://www.rededorural.org/quen-somos.html
Fundación Uxío Novoneyra: https://uxionovoneyra.com/​

1 Comentario

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Picture

    Archives

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO