REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

ENCONTRO-SEMINARIO NO CEIP DE SAMOS SOBRE A EDUCACIÓN NO RURAL

2/11/2022

0 Comentarios

 
Foto
Foto
Foto
0 Comentarios

CONTIDOS DO ENCONTRO-ASEMBLEA DO COUREL A XEITO DE ACTA-CONCLUSIÓNS

1/11/2022

0 Comentarios

 

Soñar é crear, é sentir o futuro e mesmo preconfiguralo, orientados polo anseio mesmo. A teimosía dos soños sinala a certeza da posibilidade máis ou menos longa, e neste intre ou naquel.
​

Foto
Data: 1 do mes de outubro de 2022
Lugar: Parada do Courel, Casa-Museo da Fundación Uxío Novoneyra
Asistiron máis de 30 persoas.
 
1.                  Xuntoiro da Rede do Rural con colectivos comarcais e con representantes de iniciativas dinamizadoras da montaña:
Cada entidade ou colectivo fixo un resumo da súa actividade e aportou a súa proposta de mellora das necesidades da súa aldea ou territorio de influencia.
Expresouse a percepción de que até agora nas reunións da Rede do Rural parecía que sempre se estaba empezando, por iso foron moi ben recibidas as propostas para pasar á acción con feitos concretos.
Expuxéronse algunhas propostas relacionadas coa mellora do autoconcepto, da autoestima e da dignificación do rural galego; polo que sería necesario que dende a propia Rede do Rural se difundira por todos os medios dispoñibles información clara e precisa sobre:
  • Os servizos ecosistémicos dun rural sustentable que conserve a biodiversidade e os espazos naturais. A valoración económica dos servizos ecosistémicos.
  • A importancia dos valores e saberes da cultura rural e da contona natural, como marco idóneo para desenvolver as actividades dun centro educativo.
  • O importante que é incluír nos proxectos educativos dos centros contidos curriculares que atendan as necesidades do alumnado que ten interese polo rural.
  • Iniciativas modélicas de desenvolvemento rural sostible, de pequena escala, que demostran o enorme potencial económico dun rural galego con valores, e que permite vivir ben e con calidade de vida.
Púxose de manifesto que o rural necesita menos axudas a máis dereitos que as suplan. Mentres iso non se consegue tamén hai que loitar e reivindicar para que se respecten todos os dereitos legais, por exemplo, o artigo 130 da Constitución, a Lei para o desenvolvemento sostible do medio rural  etc.
A Rede do Rural ofrecerá, na medida das súas posibilidades, información, asesoramento ou axuda, con relación a diversos servizos e outras necesidades que se comunican dende o rural:
  • Atención primaria de saúde, próxima ás persoas e de plena equidade en dereito.
  • Escolarización con todo o profesorado e medios pedagóxicos necesarios para atender as necesidades educativas do alumnado; equipos docentes estables coa debida formación específica e interese por permanecer rural; medios económicos e do transporte necesarios para asegurar a compensación das necesidades que presentan os grupos reducidos de alumnado: intercambios, rotación de encontros programados, visitas culturais...
  • Conectividade dixital homologable ao do resto de territorios ou espazos urbanos.
  • Transporte público adaptado ás necesidades da veciñanza, moita dela maior.
  • Acceso á vivenda para persoas interesadas en establecerse no rural.
  • Fondos e axudas que proporcionan as dintintas administracións públicas para proxectos veciñais de desenvolvemento rural sostible; proxectos veciñais de produción, transformación e comercialización agropecuaria integrada; actividades extraescolares organizadas pola ANPA; recuperación dos soutos, que son de gran importancia socioeconómica e medioambiental.
  • Declaración de novos Parques Naturais. O Courel, por exemplo, ten que ser un Parque Natural para vivir e para vivilo.
  • Como denunciar ante a Fiscalía a vulneración de normativa legal.
Quedou patente a conclusión conxunta da necesaria unión de forzas e proxectos de todas as entidades e persoas que traballan a prol do desenvolvemento das aldeas, para garantir a preservación dos valores e recursos do rural.
 
Transcende, igualmente, a forte raizame e lealdade cos proxectos vitais a desenvolver no rural, amosados polo asociacionismo comarcal, ANPAs, docentes do ámbito rural e da universidade, MRPs, diversas iniciativas produtivas e persoas a título individual.
 
2.                  Asemblea:
A Coordenadora da Rede do Rural presenta un sintético rexistro ou feixe de actividades, materializadas nos catro anos anteriores, que proxectan o seu vincallo co rural.  irmandade para a xestión de servizos rurais
Nun segundo intre, a Coordenadora amosa unha traza da reflexión e unha análise crítica da situación real do movemento asociativo, considerando  que o necesario microasociacionismo dos diversos territorios e realidades do rural  carece, con frecuencia, de ferramentas eficientes de cooperación entre as diferentes microasociacións.
As diferentes intervencións das persoas presentes confirman a necesidade inmediata de traballar en Rede para empoderar o rural das aldeas e o rural común. 
Na última parte da Asemblea, a  Coordenadora da Rede do Rural amostra as propostas de traballo para elaborar unha “Operativa Anual 2023 da Rede do Rural”, aberta ás aportacións e debates ao longo deste trimeste  que, telegráficamente, son:
- Acadar un mínimo de catro Irmandades Territoriais da Rede do Rural ou Corresponsais nas correspondentes comarcas ou territorios das Montañas da Galicia Interior, nas comarcas da Galicia Mariñá e nas comarcas da Galicia Central, de ser posible. Tentaríase acadar unha na Galicia Central para garantir que non haxa máis de 75 minutos de desprazamento dende calquera aldea ata esa ubicación, facilitando así o traballo dos xuntoiros ou conxumios presenciais.
- Despois de facerse unha presentación da páxina dixital da Rede do Rural  rededorural.org/, que naceu coa vocación de configurarse como ferramenta ao servizo da comunidade do rural galego, asumiuse o compromiso de ir mellorando a súa operatividade, para convertela nun aveño ou ferramenta útil e práctica para a interoperatividade das Redes ou Irmandades Territoriais da Rede do Rural.
- Encomezar co desenvolvemento dun Prototipo Experimental de Irmandades de Servizos Rurais que defina a forma xurídica, a estrutura económica e a caste de servizos a prestar, e posteriormente escolmar a contorna territorial, aldea ou comarca onde se poñerá a andar.
- Elaborar un documento recollendo a Traza Branca para unha “Estratexia Integral de Desenvolvemento Rural de Galicia 2025-2050”, que contería a Traza Branca para un “Plan Específico de Educación no Rural”.
- A proposta foi moi ben acollida polas entidades e persoas presentes na Asemblea, e as súas intervencións amosaban o seu interese pola proposta aberta da Operativa Anual presentada, acompañada de preguntas que se responderon sinteticamente pola Coordenadora da Rede do Rural.
- Mesmo a Coordenadora comprometeuse a deseñar un procedemento de cooperación e encontros ou xuntoiros telemáticos, para concretar e pechar o contido da Operativa coas propostas dos distintos colectivos de toda Galicia cara ao remate da presente anualidade.
 
Programa complementario:
. Presentación de honras, ofrenda floral á memoria de Uxío Novoneyra e declamado de poemas do poeta. Honras cheas de emocionalidade e vincallo cos seus herdos, no seu templo laico das Montañas do Courel.
Visita guiada á Casa-Museo da Fundación Uxío Novoneyra. Unha viaxe polas estadías íntimas do sobranceiro trobador courelá.
. Xantar no recanto do Pontón. Sentimento compartido arredor da belida e avelaíña estadía nese recanto senlleiro.
. Estadía con Orlando Álvarez, custodio da sabedoría oral arredor dos castiñeiros e doutras ciencias rurais.
           
                                                   -------------------------------------------------------
Pero hai que ser moi críticos tanto coa esperanza coma cos soños, se é que vamos considerar fiables a ter a seguranza de cales son certos e non van “máis alá do que poda ser repetido.”
                                                          Do libro  DOS SOÑOS TEIMOSOS, de Uxío Novoneyra.
​
0 Comentarios

CONCLUSIÓNS E CONTIDOS DO ENCONTRO-ASEMBLEA DO COUREL

1/11/2022

0 Comentarios

 

                                                                               GALICIA
                       será a miña xeneración quen te salve?
                       Irei un día do Courel a Compostela
                       por terras libradas?
 
                       Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!

Foto
​A Rede do Rural está a estudar o desenvolvemento dun Prototipo Experimental dunha Irmandade de Servizos Rurais. Definirase a súa forma xurídica, a estrutura económica e a caste de servizos a prestar. Unha vez perfilado pola Rede do Rural escolmaríase a contorna territorial, aldea ou comarca onde se poñerá a andar.
Para facilitar o intercambio información entres as diversas Irmandades Territoriais da Rede do Rural, melloranse a operatividade da páxina dixital da Rede do Rural  rededorural.org/
No Encontro da Rede do Rural proponse que se estude e actúe no ámbito da autoestima e da dignificación do rural, partindo dos seus valores antropolóxicos e da súa rica cultura, como marco idóneo para a educación, como territorio no medio natural que proporciona servizos ecosistémicos vitais para toda a sociedade, con saberes tradicionais que propician a sustentabilidade ecolóxica, cunha rendibilidade económica na produción sostible a pequena escala, que estando ben planificada,  permite vivir ben e con calidade de vida. Proponse, así mesmo, loitar e reivindicar para que se respecten os dereitos das persoas que viven no rural e do rural, acudindo incluso á fiscalía cando se vulnere algunha normativa legal. Proponse traballar na procura de solucións para dotar ao rural de todos os servizos (sanidade, educación, acceso á vivenda, recuperación dos soutos, conectividade dixital, transporte público etc.) cun criterio de proximidade e de plena equidade en dereito, dispensando o tratamento especialmente establecido para as zonas de montaña e de atención prioritaria. Aproveitar os fondos e axudas que proporcionan as dintintas administracións públicas, para iniciativas veciñais de desenvolvemento rural sostible, ou para iniciativas da comunidade veciñal relativas á produción, á transformación e á comercialización agropecuaria integrada.  
0 Comentarios

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Picture

    Archives

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO