REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

ENCONTRO-ASEMBLEA DA REDE DO RURAL NO COUREL

30/10/2022

0 Comentarios

 

                      Ollando dende Os Eidos
                                                             cara os Soños Teimosos,
                        salvemos o Ámeto Mítico
                                                             do noso rural galego

Foto
​A Casa-Museo da Fundación Uxío Novoneyra acolleu o fecundo Encontro-Asemblea do Courel, promovido pola Rede do Rural, coa finalidade de seguir construíndo cooperativamente redes rurais territoriais, interoperativas e solidarias. 
Foto
​Máis de trinta persoas de colectivos e entidades das Terras do Courel, dos Ancares, de escolas rurais ou a título individual, mostraron o seu traballo cotiá para a mellora da súa contorna, debateron e apuntaron unha traza de propostas, a callar neste trimestre, para seren desenvolvidas dentro da Rede do Rural. Principia así a construción dun chanzo de traballo cooperativo e comunitario para un rural desenvolvido dende a sostibilidade.
0 Comentarios

O futuro da gandería pasa polas aulas

27/10/2022

2 Comentarios

 
Picture
O CPI de Cervantes participa con outros 20 centros da comunidade no programa Mestres Gandeiros que impulsa a Xunta de Galicia.
Os gandeiros de mañá están nas aulas de hoxe e iso sábeno ben nos colexios rurais, onde ofrecen as primeiras nocións dunha saída laboral que collerán algúns e que beneficiará a todos. "O curso pasado ofrecemos actividades relacionadas coa agricultura e neste centrarémonos na gandería, pero non tanto como explotación económica, senón nos seus beneficios secundarios, como a preservación da contorna e a prevención de incendios", detalla
 Pablo Gómez, o director do CPI de Cervantes, que participa con outros 20 centros de toda Galicia no programa Mestres Gandeiros, impulsado pola Consellería de Medio Ambiente xunto ao plan Proxecta de Educación.
A primeira edición deste plan ideado para "achegar á comunidade escolar o mundo rural e dar a coñecer o papel que xogan os seus habitantes como xestores da paisaxe e da 
biodiversidade que os rodean", servirá para que os 30 alumnos do CPI cervantego, cos seus 16 docentes, profunden nos recursos postos en marcha o pasado ano: o horto ecolóxico, que este ano sufriu melloras como a instalación de "bancais fabricados nas clases de tecnoloxía" para enriquecer o cultivo de produtos hortícolas; a Radio Castaña, na que realizarán entrevistas a persoas vencelladas á gandería; ou o seu propio programa de reciclaxe, que permite destinar sobras do comedor á compostaxe para a horta.
Durante a visita deste martes ao colexio de Cervantes, o director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, e a subdirectora xeral de Ordenación, Inclusión e Innovacion Educativa, Inmaculada Fernández, puideron coñecer todas as propostas interdisciplinares que se desenvolverán durante este curso nun centro no que, tal e como apuntou Pablo Gómez, "a nivel práctico, todo o relacionado coa gandería está claro, pero ás veces non se é consciente de todas as oportunidades que ofrece no eido laboral".
Pola súa parte, De Salvador subliñou o "carácter enriquecedor" dunha experiencia que implicará a alumnos -neste caso, de tres a 16 anos-, profesores, familias, agricultores e gandeiros, mentres que a presidenta da Anpa do CPI de Cervantes, Isabel Calvete, destacou que "as posibilidades dos nosos coles á hora de complementar as ensinanzas e contidos son inmensas se temos un profesorado implicado".
"Reivindicamos a necesidade de fornecer o ensino público no rural polo ben dos alumnos e tamén pola supervivencia destes centros de ensino e da vida da aldea", engadiu Calvete.
O CPI de Cervantes, no que teñen previsto comezar proximamente coas actividades do plan Mestres Gandeiros, é un dos oito centros que participan de Lugo. A el súmanse o Ceip Terra Chá de Vilalba, o Virxe da Luz de Portomarín, o Ceip de Casás, o Concepción López Rey de Baleira, o IES Fontem Albei da Fonsagrada, o CEE Santa María de Lugo e o IES Pedregal de Irimia de Meira. Tamén se desenvolverá no Ceip Santa María das Pontes e o Mestre Pastor Barral de Melide.

Noticia de "El Progreso", 26/10/2022.

2 Comentarios

OBRADOIROS DAS ESPIGADORAS

10/10/2022

0 Comentarios

 
Picture
Aquí compartimos os últimos obradoiros do ano das Espigadoras, Deixánvos o seu número o teléfono para calquera dúbida. 659286528
0 Comentarios

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Picture

    Archives

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO