REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS

nova data para a andaina do monte do gato

26/6/2021

0 Comments

 
Imagen
Comprácenos informarvos que a andaina do Monte do Gato, adiada o pasado 19 de xuño a causa do mal tempo, vai ter lugar o próximo sábado 3 de xullo en xornada de mañá.
A camiñada quere ser instrutiva, reivindicativa e lúdica ao mesmo tempo. Benvidas serán as faixas, os cartaces e todas as mostras creativas que reivindiquen os nosos espazos naturais! Nós xa temos preparadas algunhas delas...
Será, por primeira vez desde o ano 2019, un acto aberto no que non fará falta anotarse previamente. A marcha, na que intervirán os especialistas que se citan no cartaz, partirá do Monte do Gato (perto da antena de Sanmil) ás 9:30 horas. Para aquelas persoas que o desexen, haberá unha concentración previa diante do Concello de Oza, ás 9:00 horas, desde onde partiremos en coche até o Monte.
Paga a pena loitar pola integridade deste espazo natural, patrimonio de todas e todos. Rógase difusión!
0 Comments

andaina no monte do gato ante a ameaza dos xigantes eólicos

15/6/2021

0 Comments

 
Imagen
A concentración das persoas asistentes será na praza do Concello de Oza dos Ríos, ás 17:30 horas (media hora antes da hora anunciada nun principio); de alí partirase nos coches para o Monte do Gato, onde comezará a andaina. Tamén se pode acudir directamente ao lugar de comezo da andaina, no propio Monte do Gato ás 18:00 horas.
​
É unha actividade aberta ao publico en xeral, sen necesidade de inscrición previa. Porén, RR recomenda ás persoas socias e achegadas que comuniquen a súa intención de asistir a través do enderezo electrónico 
ola@roxinroxal.com, co obxecto de ter unha idea aproximada do número de asistentes.

A marcha contará coas medidas preventivas derivadas das normas vixentes da Covid-19: uso obrigatorio de máscara e distancia de seguridade. Dificultade media. Levar protección solar e un ou dous apoios para camiñar.

0 Comments

Manifestación contra a megaeólica en Compostela o 05/06/2021.

8/6/2021

0 Comments

 
O pasado sábado, cinco de xuño, tivo lugar en Compostela a manifestación da que se falaba en novas anteriores. Aquí vos deixamos un par de fotografías da concentración. 
Imagen
Imagen
0 Comments

Eólica, así non. marcha no día do medio ambiente.

3/6/2021

0 Comments

 
Máis de 20 colectivos galegos convocaron, en unha rolda de prensa, a toda a sociedade a manifestarse o vindeiro día 5 de xuño, Día do medio Ambiente, en contra da invasión eólica que estamos a vivir. 
Baixo estas liñas, poderase atopar o manifesto definitivo, o cartaz e unha imaxe da rolda de prensa. 

Comunicado: Eólica, así non!
MANIFESTO: EÓLICA, ASÍ NON!
Imagen
Imagen
0 Comments

megaproxecto de eólicos no Monte do Gato e estragos no iribio.

3/6/2021

0 Comments

 
A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal elaborou un informe sobre o megaproxecto de eólicos no Monte do Gato, ao cal podedes acceder pinchando na seguinte imaxe. A continuación desta, tamén poderedes atopar un vídeo sobre os estragos que as obras provocaron no Iribio.  
​
Imagen
0 Comments

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Picture

    Archives

    March 2022
    February 2022
    December 2021
    November 2021
    October 2021
    August 2021
    June 2021
    May 2021
    April 2021
    March 2021
    February 2021
    January 2021
    December 2020
    September 2020
    August 2020
    June 2020
    May 2020

    Categories

    All

    RSS Feed

Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO