REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

ENCONTRO BURLA VERDE pola defensa da terra

27/4/2023

0 Comentarios

 
Foto
𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗟𝗘𝗧𝗢 do Encontro Burla Verde 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐬𝐚 𝐝𝐚 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐚 que terá luegar este sábado 29 de Abril  en  Sabucedo - A Estrada. 
12:00  Pregón e Misa Romaxe | 𝒄𝒖𝒓𝒓𝒐
13:00  Sesión vermut, pulpeirx e food trucks | 𝒄𝒂𝒓𝒃𝒂𝒍𝒍𝒆𝒊𝒓𝒂
13:00  Contos con Atenea García e Alba Grande Alba de Vales  | 𝒄𝒂𝒓𝒃𝒂𝒍𝒍𝒆𝒊𝒓𝒂
13:00  Concerto O SONORO MAXÍN | 𝒑𝒂𝒍𝒄𝒐 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏𝒐
14:00  Concerto TRAPALLADA | 𝒑𝒂𝒍𝒄𝒐 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏𝒐
16:00 a 20:00  Espazos para crianzas contos con Anxo Moure, circo con Peter Punk Pallaso, xogos con Aloumiños no Bosque e outras sorpresas!!! | 𝒄𝒂𝒓𝒃𝒂𝒍𝒍𝒆𝒊𝒓𝒂
17:00 a 19:00 𝗠𝗘𝗦𝗔 𝗥𝗘𝗗𝗢𝗡𝗗𝗔 : Á bur(bul)la verde: sabedoría aldeá. Poñentes: Germán Labrador (Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige), Aranza González (Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo), Isabel García (Mina Touro - O Pino NON), Iván Pérez (Savia Nova), Jesús de la Fuente (A Rente do Chan), Juan Francisco Ortuño (Plataforma de Afectados por los Metales Pesados de Llano Beal, Nayeli Alejandra Trejo. Arte, Cartografía e Resistencia contra la minería en Temixco Morelos, Raquel Fernández (Amigas da Terra) e Torcuato Teixeira (Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños). Modera: Xiana Albor do Colectivo do Vento | 𝒄𝒂𝒓𝒑𝒂
18:00  Concerto Toma de Terra | 𝒑𝒂𝒍𝒄𝒐 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏𝒐
19:00  Concerto Mounqup | 𝒑𝒂𝒍𝒄𝒐 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏𝒐
20:00 Sorteo de cesta con productos artesanais | 𝒑𝒂𝒍𝒄𝒐 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏𝒐 20:00  Concerto O Rabelo + High Paw | 𝒑𝒂𝒍𝒄𝒐 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏𝒐
21:00 𝗖𝗨𝗥𝗥𝗢 𝗖𝗔𝗕𝗔𝗥𝗘 con entrada ata completar aforo.  𝗔𝗿𝘁𝗶𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼𝘀: Aldaolado, Rosa Cedrón Oficial, Davide Salvado, Carlos Santiago, Las Antonias, Uxía, García Mc, Soledad Felloza, Peter Punk Pallaso, Xurxo Souto, Cou Antón Coucheiro, Luix Kaf, LOITA AMADA (acústico), Susana Arins, Xoán Curiel, Natalia Pajarito, Zeltia Irevire e Peter Brea Rodríguez, Tarka, Sheila Patricia, Xan solo's, Gabi Reboredo, Celso Fernández Sanmartín e outras sorpresas!!! | 𝒄𝒖𝒓𝒓𝒐
00:00 Foliada con A Tralha da Terra de Montes e outrxs  | 𝒄𝒂𝒓𝒃𝒂𝒍𝒍𝒆𝒊𝒓𝒂 00:00 Concerto O Leo de Matamá Leo Arremecághona | 𝒑𝒂𝒍𝒄𝒐 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏𝒐
01:00 𝗗𝗷'𝘀 La SinCereza | 𝒑𝒂𝒍𝒄𝒐 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏𝒐 02:30 𝗗𝗷'𝘀 Tonita | 𝒑𝒂𝒍𝒄𝒐 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏𝒐
04:00 𝗗𝗷'𝘀 Cosmograma | 𝒑𝒂𝒍𝒄𝒐 𝒑𝒆𝒒𝒖𝒆𝒏𝒐 Ademáis:  Exposicións fotográficas permanentes  | 𝒄𝒂𝒓𝒃𝒂𝒍𝒍𝒆𝒊𝒓𝒂 e 𝒄𝒂𝒓𝒑𝒂  Postos informativos das loitas que mantemos | 𝒄𝒂𝒓𝒃𝒂𝒍𝒍𝒆𝒊𝒓𝒂  Zonas de acampada: Tranquila e Festeira
Sorpresas varias... Non disporemos de TPV e os caixeros máis próximos están en A Estrada, Cerdedo ou Forcarei
E se chove, que chova!  que temos carpa... 𝙓𝙪n𝙩𝙤𝙨 𝙗𝙚𝙧𝙧𝙖𝙧𝙚𝙢𝙤𝙨 𝙗𝙚𝙣 𝙖𝙡𝙩𝙤 𝙚 𝙘𝙤𝙣 𝙢𝙤𝙞𝙩𝙖 𝙖𝙧𝙩𝙚 que a nosa terra é o máis prezado.  
𝗖𝗢𝗠𝗣𝗔𝗥𝗧𝗘 𝗘 𝗔𝗫Ú𝗗𝗔𝗡𝗢𝗦 𝗔 𝗗𝗜𝗙𝗨𝗡𝗗𝗜𝗥! SOS Suído Seixo Tarabelas na Terra de Montes Colectivo do Vento Rapa Das Bestas
#encontroburlaverde #burlaverde #Sabucedo #29Abril #aderousmeri
0 Comentarios

XIX XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS

25/4/2023

0 Comentarios

 
Foto
Foto
0 Comentarios

ADEGA ENTREGA OS PREMIOS OSÍXENO E DIOXINA 2022

20/4/2023

0 Comentarios

 

https://adega.gal/novas.php?id=1359&idioma=gl&sec=7

Foto

OSÍXENO 2023
Coa enorme satisfacción de sentirme acollida e considerada neste especial evento, nunha atmosfera tan ben oxixenada, ademais da miña total gratitude quérovos expresar que non veño recoller un premio para min, nin por méritos propios; veño pois coa misión de, con vós, celebrar e agradecer algo que nos atinxe como pobo.
Comezo polo moito que agradecer á miña tribo familiar da casa materna que aloumiñou a miña infancia con abondosas esencias de amor, valores e sabedoría, a tribo  veciñal  que acendeu o meu senso comunitario e o orgullo de muller aldeán, as incontables persoas achegadas que me deixaron e me deixan pegada inconfundible, e a interminable Rede tecida por comunidades, colectivos organizados, todo tipo de grupos, entidades e asociacións.
Con este exercicio de memoria éntrame a ambición de facer un feixe inmensurable que abrangue todo aquilo do que eu inspirei abundancia de oxíxeno para as miñas medras, para alimentar a urdime afectiva que conforma o meu ser. Ao mesmo tempo reactívase a miña perpetua gratitude por esa  sorte que eu tiven;  a sorte que emana  dunha crianza no colo agarimoso dun afortunado ambiente e da que  procede canto eu espalle pola vida.
Polo devandito, esta significada inxección de Oxíxeno só pode ter razón de ser para min se  inclúe o recoñecemento de todos e cada un dos fíos do tecido de ese meu urdido esencial, do que eu son unha sinxela e fráxil enfiada, sen máis consistencia que a que o propio tear me confire.
 Dende este bo senso da globalidade natural agroma o meu agradecemento primixenio e tamén a transferencia que fago dun recoñecemento ao conxunto social,  á cohesión comunitaria das diversas forzas, ás  sinerxías organizadas que, durante décadas, veño atopando na miña rodaxe. Dende esa intención pretendo proxectar, estender e derivar a grandura do Premio Oxixeno.
Resúltame imposible mencionar a tantas persoas e colectivos na morea de nomes aos que con gratitude quixera homenaxear. A modo de referencia limitareime a citar algúns do presente inmediato e algúns de tempos lonxevos.
Nesa orde do inmediato voume referir de entrada a Miguel R. Carnota, ao meu compañeiro de vida, dunha intensa andaina, durante 36 anos de plenitude e de loita.
Nunha cadea de elos vencellados nun bo senso citarei algúns como a Rede do Rural e á multitude de persoas e colectivos que nela se inclúen, destacando a entidades promotoras desta como  Nova Escola Galega, o equipo Chirlo Merlo, A C Roxín Roxal, Asociación Antonio Gandoy (antes Preescolar ca Casa), Que Quede Quen o Conte, Anpas Galegas, Asociación Socio-Pedagóxica Galega,  Fundación Uxío Novoneyra, Rede do Patrimonio, e, na actualidade, todas as plataformas contra a actual especulación eólica. Para poñer un brillante broche de ouro a esta relación teño que nomear á senlleira ADEGA.
Como agasallo para Adega traio un sinxelo pero sinalado presente, ateigado de memoria referida á incesante loita que no noso país, dende décadas atrás, se ven librando en defensa do rural galego. Trátase dun libro histórico da Mesa Galega de Educación no Rural, (Ed. do Castro, 2006) A EDUCACIÓN  NO RURAL EN GALIZA
Intento demostrar como moita da forza que eu recibín procede de historias e experiencias pioneiras recollidas neste libro, a maioría delas escasamente coñecidas e calquera delas moi recomendable para quen queira avanzar con referencias claras.
Foi neses contextos de loita onde, moitos docentes e outros profesionais debidamente asentados, tomamos conciencia de como se foi asfixiando a sabedoría natural nada na cultura popular galega, de como  perdemos a ocasión de asimilala durante a nosa infancia moita da xente que tivemos que desprazarnos da aldea para os urbanos ámbitos académicos. Foi nos bacharelatos a nas carreiras universitarias onde se exerceu un brutal afastamento das nosas raizames, de valores e saberes ancestrais sobre o respecto a nai terra e á saúde do planeta. Grande mágoa por canto, en detrimento dun pensamento humanizador,  sufrimos o asoballamento dunha instrución colonizadora.
Tamén fago a achega dun artigo que recolle un longo e histórico proceso,  que asinamos  F. Candia e máis eu, (publicado na Revista de Investigación da UdC, n 24, 2014) titulado: A LOITA POLA EDUCACIÓN NO RURAL GALEGO: UNHA TEIMA QUE NON ACOUGA. APUNTAMENTOS PARA UNHA HISTORIA DO PERÍODO 1975-20141. Ao traveso desta miña testemuña veredes de onde me ven un compromiso que manteño vivo. Unha grande influencia recibina da forza do traballo cooperativo experimentada coas mestras da montaña lucense e coas veciñanzas daquelas aldeas dende a unidade organizadas na defensa dos seu dereitos.
 
Vaia este recoñecemento por canto ADEGA defende e espalla. Unha infinidade de Oxíxeno aloumiñe moreas de montañas, mares e ríos, océanos salvaxes e continentes vivos.
Unha aperta osixenada con agarimo e gratitude para quen honrades este acto coa vosa presenza.
                                                      Alicia L. Pardo
  En Lugo a 15 de abril de 2023

0 Comentarios

RODEAMOS A XUNTA

19/4/2023

0 Comentarios

 

Mobilización da Coordinadora Eólica Así Non o vindeiro domingo 23 de abril, en Santiago de Compostela!  Ese día, rodeamos a Xunta
Faremos unha cadea humana arredor de San Caetano para esixir á Xunta que recapacite e rexeite a autorización de máis de 75 macroproxectos eólicos, que teñen como data límite o 25 de abril para seren aprobados.
Esiximos que non se aprobe un parque eólico máis no país, mentres non haxa unha planificación eólica pública, ordenada e ao servizo do pobo, mentres non se amplíe a Rede Natura e mentres non se restitúan os dereitos de participación pública, usurpados polos gobernos da Xunta e do Estado español.

Contamos contigo! Acude coa túa faixa e, se te animas, caracterizado/a de eólico.

Foto
0 Comentarios

SEGADORES DA ÓRREA EN TERRAS DE CASTELA: UNHA HISTORIA DE HEROES

17/4/2023

0 Comentarios

 

Unha magnífica ocasión de achegarnos ao testumuño dos protagonistas deste feito histórico, social, antropolóxico e cultural.

Foto
0 Comentarios

VIII XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA RURAL

15/4/2023

0 Comentarios

 

​O próximo martes 18 de abril celebraranse as VIII Xornadas de Innovación Educativa Rural na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.
A Rede do Rural - Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural contará coa representación de Alfonso Filgueira López e María Cao. Ademais, Noelia Pillado Fraga (responsable e mestra do CEIP ds Samos) e Alejandro González Méndez (responsable e mestre do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela) relatarán as súas experiencias en ambas escolas rurais.
Agardámosvos!

Foto
Foto
Foto
0 Comentarios

ENCONTRO-SEMINARIO SOBRE A EDUCACIÓN NO RURAL

10/4/2023

0 Comentarios

 
Foto
DESENVOLVEMENTO DO ENCONTRO

10:00 - 11:00: Análise do proceso de recollida de sinaturas sobre o asunto da formación docente específica para traballar en ámbitos rurais.

11:00 - 11:30: Análise da posibilidade de colaborar coa UDC no proxecto europeo POPTEC INTERREG.

11:30 - 12:00: Descanso.

12:00 - 13:30: Debate sobre o Plan educativo específico para o rural, presentado pola Confederación de Anpas Galegas.

13:30 - 14:00: Rolda aberta de intervencións.

14:00 - 14:30: Comentario sobre a actividade do colexio de Parga e da súa contorna, así como doutras iniciativas de interese. (Se dese tempo)

14:30: Xantar nun establecemento da localidade.

  • Inscricións, ata o 13 de abril, incluído, en [email protected].
  • Debes confirmar, tamén antes do 13 de abril, se te quedarás a xantar.
  • Se queres conectarte por videochamada, envía un correo a [email protected] indicando o teu mail e teléfono móbil.
0 Comentarios

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Archives

    Mayo 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Febrero 2025
    Enero 2025
    Diciembre 2024
    Noviembre 2024
    Octubre 2024
    Septiembre 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Enero 2024
    Diciembre 2023
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Septiembre 2023
    Agosto 2023
    Julio 2023
    Junio 2023
    Mayo 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO