REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

ADEGA ENTREGA OS PREMIOS OSÍXENO E DIOXINA 2022

20/4/2023

0 Comentarios

 

https://adega.gal/novas.php?id=1359&idioma=gl&sec=7

Foto

OSÍXENO 2023
Coa enorme satisfacción de sentirme acollida e considerada neste especial evento, nunha atmosfera tan ben oxixenada, ademais da miña total gratitude quérovos expresar que non veño recoller un premio para min, nin por méritos propios; veño pois coa misión de, con vós, celebrar e agradecer algo que nos atinxe como pobo.
Comezo polo moito que agradecer á miña tribo familiar da casa materna que aloumiñou a miña infancia con abondosas esencias de amor, valores e sabedoría, a tribo  veciñal  que acendeu o meu senso comunitario e o orgullo de muller aldeán, as incontables persoas achegadas que me deixaron e me deixan pegada inconfundible, e a interminable Rede tecida por comunidades, colectivos organizados, todo tipo de grupos, entidades e asociacións.
Con este exercicio de memoria éntrame a ambición de facer un feixe inmensurable que abrangue todo aquilo do que eu inspirei abundancia de oxíxeno para as miñas medras, para alimentar a urdime afectiva que conforma o meu ser. Ao mesmo tempo reactívase a miña perpetua gratitude por esa  sorte que eu tiven;  a sorte que emana  dunha crianza no colo agarimoso dun afortunado ambiente e da que  procede canto eu espalle pola vida.
Polo devandito, esta significada inxección de Oxíxeno só pode ter razón de ser para min se  inclúe o recoñecemento de todos e cada un dos fíos do tecido de ese meu urdido esencial, do que eu son unha sinxela e fráxil enfiada, sen máis consistencia que a que o propio tear me confire.
 Dende este bo senso da globalidade natural agroma o meu agradecemento primixenio e tamén a transferencia que fago dun recoñecemento ao conxunto social,  á cohesión comunitaria das diversas forzas, ás  sinerxías organizadas que, durante décadas, veño atopando na miña rodaxe. Dende esa intención pretendo proxectar, estender e derivar a grandura do Premio Oxixeno.
Resúltame imposible mencionar a tantas persoas e colectivos na morea de nomes aos que con gratitude quixera homenaxear. A modo de referencia limitareime a citar algúns do presente inmediato e algúns de tempos lonxevos.
Nesa orde do inmediato voume referir de entrada a Miguel R. Carnota, ao meu compañeiro de vida, dunha intensa andaina, durante 36 anos de plenitude e de loita.
Nunha cadea de elos vencellados nun bo senso citarei algúns como a Rede do Rural e á multitude de persoas e colectivos que nela se inclúen, destacando a entidades promotoras desta como  Nova Escola Galega, o equipo Chirlo Merlo, A C Roxín Roxal, Asociación Antonio Gandoy (antes Preescolar ca Casa), Que Quede Quen o Conte, Anpas Galegas, Asociación Socio-Pedagóxica Galega,  Fundación Uxío Novoneyra, Rede do Patrimonio, e, na actualidade, todas as plataformas contra a actual especulación eólica. Para poñer un brillante broche de ouro a esta relación teño que nomear á senlleira ADEGA.
Como agasallo para Adega traio un sinxelo pero sinalado presente, ateigado de memoria referida á incesante loita que no noso país, dende décadas atrás, se ven librando en defensa do rural galego. Trátase dun libro histórico da Mesa Galega de Educación no Rural, (Ed. do Castro, 2006) A EDUCACIÓN  NO RURAL EN GALIZA
Intento demostrar como moita da forza que eu recibín procede de historias e experiencias pioneiras recollidas neste libro, a maioría delas escasamente coñecidas e calquera delas moi recomendable para quen queira avanzar con referencias claras.
Foi neses contextos de loita onde, moitos docentes e outros profesionais debidamente asentados, tomamos conciencia de como se foi asfixiando a sabedoría natural nada na cultura popular galega, de como  perdemos a ocasión de asimilala durante a nosa infancia moita da xente que tivemos que desprazarnos da aldea para os urbanos ámbitos académicos. Foi nos bacharelatos a nas carreiras universitarias onde se exerceu un brutal afastamento das nosas raizames, de valores e saberes ancestrais sobre o respecto a nai terra e á saúde do planeta. Grande mágoa por canto, en detrimento dun pensamento humanizador,  sufrimos o asoballamento dunha instrución colonizadora.
Tamén fago a achega dun artigo que recolle un longo e histórico proceso,  que asinamos  F. Candia e máis eu, (publicado na Revista de Investigación da UdC, n 24, 2014) titulado: A LOITA POLA EDUCACIÓN NO RURAL GALEGO: UNHA TEIMA QUE NON ACOUGA. APUNTAMENTOS PARA UNHA HISTORIA DO PERÍODO 1975-20141. Ao traveso desta miña testemuña veredes de onde me ven un compromiso que manteño vivo. Unha grande influencia recibina da forza do traballo cooperativo experimentada coas mestras da montaña lucense e coas veciñanzas daquelas aldeas dende a unidade organizadas na defensa dos seu dereitos.
 
Vaia este recoñecemento por canto ADEGA defende e espalla. Unha infinidade de Oxíxeno aloumiñe moreas de montañas, mares e ríos, océanos salvaxes e continentes vivos.
Unha aperta osixenada con agarimo e gratitude para quen honrades este acto coa vosa presenza.
                                                      Alicia L. Pardo
  En Lugo a 15 de abril de 2023

0 Comentarios



Deja una respuesta.

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Archives

    Mayo 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Febrero 2025
    Enero 2025
    Diciembre 2024
    Noviembre 2024
    Octubre 2024
    Septiembre 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Enero 2024
    Diciembre 2023
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Septiembre 2023
    Agosto 2023
    Julio 2023
    Junio 2023
    Mayo 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO