REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

VIII XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA RURAL

20/3/2023

0 Comentarios

 
Comisión de Cultura e Normalización Lingüística
Facultade de Ciencias da Educación
18 de Abril de 2023

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación, Santiago de Compostela (pola mañá no edificio da Av. Xoán XXIII e pola tarde no edificio do Campus Sur).

Non é precisa inscrición previa. De balde.

​DESCRICIÓN
Estas Xornadas teñen como finalidade afondar no coñecemento e difusión de boas prácticas desenvolvidas en contextos rurais, promovendo a reflexión acerca das dinámicas socioambientais, culturais, educativas e económicas que lles atinxen.
As relacións sociais de proximidade sostidas nun territorio ao longo do tempo posibilitan o xermolo de experiencias que, á súa vez, poden constituírse en modelos de desenvolvemento comunitario local, polo que nestas Xornadas pretendemos analizar os espazos rurais como potenciais catalizadores do mesmo. A través do aproveitamento e a optimización dos recursos endóxenos (materiais, humanos, relacionais, etc.) e por medio da posta en práctica de certas iniciativas de innovación pedagóxica, entendemos que é posible favorecer un desenvolvemento integral dos territorios.
Neste senso, a actividade está pensada para todas aquelas persoas interesadas en promover a mellora das condicións de vida no medio rural, así como en coñecer experiencias innovadoras.
 
OBXECTIVOS
- Contextualizar a situación actual do rural galego, definindo as prioridades das políticas sectoriais desde unha análise que atenda á súa forma e contido.
- Presentar os espazos rurais como potenciais catalizadores dun desenvolvemento integral (económico, socia, cultural, ...) ,a través do aproveitamento e a optimización dos recursos endóxenos.
- Valorar a importancia da lingua galega como elemento vertebrador das comunidades, incidindo na diversidade dos seus usos e formas nas manifestacións culturais compartidas.
- Dar a coñecer iniciativas salientables desde a perspectiva social e educativa que, polo éxito na súa aplicación, se configuran como motores do desenvolvemento local.
 
PROGRAMA
MARTES, 18 DE ABRIL
SESIÓN DE MAÑÁN (CAMPUS NORTE-SALÓN DE ACTOS)
9.45h. Inauguración
María López Sández (Vicedecana)
Jesús Rodríguez Rodríguez (Departamento de Pedagoxía e Didáctica)
Carmela Cambeiro Lourido (Departamento de Pedagoxía e Didáctica)
 
10.00-11.30. Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural
Alfonso Filgueira López
María Cao
 
11.30-12.00h. Descanso
12.00-13.30h. Escola rural: soño ou realidade?
Alejandro González Méndez Mestre de Educación Primaria e responsable do CEIP Eduardo Cela Vila (Triacastela)
Noelia Pillado Fraga Mestra de Educación Primaria e responsable do CEIP de Samos
 
SESIÓN DE TARDE (CAMPUS VIDA-AULA 6-7)
Experiencias-Proxectos de Dinamización do Medio Rural
16.30-18.00h. Imaxinar e facer rurais dende a Educación Social. A experiencia de Outonía S.Coop.Galega
Tania Sánchez Gómez
Educadora Social, Socia traballadora de Outonía S.Coop.Galega
 
18.00-18.30h. Descanso
18.30-20.00h. O papel da universidade no impulso e promoción da escola rural (online)
Nuria Carrete-Marín
Universidade de Vic-Universidade Central de Cataluña
Doutoranda e Investigadora en Educación. Magíster en Educación en Territorios Rurais
 
ORGANIZA:
Comisión de Cultura e Normalización Lingüística. Facultade de Ciencias da Educación
 
Profesorado responsable:
Jesús Rodríguez Rodríguez
David García Romero
María do Carme Cambeiro Lourido
0 Comentarios

POR QUE NECESITAMOS UN PLAN EDUCATIVO PARA O RURAL GALEGO?

7/3/2023

0 Comentarios

 
Foto
A Casa das Ínsuas de Rábade acolle o vindeiro 18 de marzo a xornada "Por que necesitamos un plan educativo para o rural galego?”
Organizada pola Confederación ANPAS Galegas, en colaboración co Concello de Rábade e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, con esta iniciativa queremos facer nosa a loita por un rural no que se poida nacer, medrar e vivir como en calquera outro lugar.
O rural galego precisa dun plan de seu que deteña a súa desaparición, e que entregue un futuro posíbel ás que hoxe o habitan, e a todas aquelas que queiran habitalo nun futuro. E iso faise con investimentos, con atrevemento, con gañas, e con interese; sen palabras ocas e sen declaracións de fume como as que temos de a cada pouco.
Que o rural galego teña presente e futuro depende de todas nós, da capacidade de facelo, e sobre todo da capacidade para esixilo. Nós imos pór o noso gran de area nesa esixencia.
Consulta o programa en https://www.anpasgalegas.gal/.../rabade-acolle-o-18-de
Inscricións: https://bit.ly/planeducativoparaorural23
0 Comentarios

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Picture

    Archives

    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO