REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS

MIGUEL R. CARNOTA, autor de lingua, poder e adolescencia

27/12/2020

0 Comments

 
NÓS DIARIO publica unha entrevista a Miguel Rodríguez
​.Pincha na imaxe para acceder á nova!
Imagen
0 Comments

XOGANDO EN REDE no NADAL E SEMPRE

23/12/2020

0 Comments

 
XOGANDO EN REDE. Coa colaboración das entidades adheridas a Rede do Patrimonio integrantes do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego comezamos hoxe a compartir con todos e todas una serie de xogos para vivir o Nadal, xogando! Que gocedes moito.
0 Comments

NACE O ESPAZO EN LIÑA DA REDE DO RURAL

12/12/2020

0 Comments

 
Prezad@s adherentes da Rede do Rural (Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural):

Saúde a todas e todos. Xa pasou tempo desde a última vez en que a coordinadora da Rede nos puxemos en contacto con vós. En verdade que non foron propicios os últimos meses en termos comunitarios, ao que se sumou o noso pouco tempo de dispoñibilidade para sacar adiante os asuntos do noso colectivo.

En todo caso estivemos traballando de maneira silandeira para (sobre todo) poñermos o pé no mundo dixital, obxectivo que por fin se fai realidade hoxe, día 13 de decembro, a Noite da Luz, cando mingua a noite e medra o día, arcano e hipotético fin/arranque de ciclo solar anual, momento de referencia para os nosos devanceiros rurais, relacionado cos cultos naturalistas e cósmicos da cultura castrexa, e que está nos alicerces antropolóxicos do vencello espiritual que galegas e galegos mantemos coa terra.

En definitiva, que xa podedes entrar desde data tan sinalada no espazo web da Rede (rededorural.org), onde atoparedes un bo feixe de recursos e a posibilidade de ampliar contactos e estreitarmos lazos entre nós. Loxicamente a páxina está en construción e entre todas e todos debemos enchela de contido, para o que vos pedimos axuda, mesmo para valorar criticamente (e a poder ser, de maneira construtiva) a súa estrutura. Agradecemos que enviedes todas as vosas achegas a redegalegaruralpaxina@gmail.com.

Agardemos que o esperanzador resoar telúrico deste 13 de decembro nos traia tamén bos augurios a todas e todos de cara á superación da pandemia. Coidádevos moito e boas festas de fin de ano.


A coordinadora da Rede do Rural
0 Comments

Sae un novo "Nova Escola Galega OPINA", novembro 2020

11/12/2020

0 Comments

 
O novo boletín NEG Opina de novembro de 2020 achega a posición deste MRP respecto na nova lei educativa (LOMLOE), e concretamente unha valoración respecto da presenza no texto legal da educación no medio rural
Imagen
Imagen
0 Comments

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Picture

    Archives

    March 2022
    February 2022
    December 2021
    November 2021
    October 2021
    August 2021
    June 2021
    May 2021
    April 2021
    March 2021
    February 2021
    January 2021
    December 2020
    September 2020
    August 2020
    June 2020
    May 2020

    Categories

    All

    RSS Feed

Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO