REDE DO RURAL
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • LEIRAS
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • ADHÍRESTE?
  • CONTACTO

NOVAS

NACE O ESPAZO EN LIÑA DA REDE DO RURAL

12/12/2020

0 Comentarios

 
Prezad@s adherentes da Rede do Rural (Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural):

Saúde a todas e todos. Xa pasou tempo desde a última vez en que a coordinadora da Rede nos puxemos en contacto con vós. En verdade que non foron propicios os últimos meses en termos comunitarios, ao que se sumou o noso pouco tempo de dispoñibilidade para sacar adiante os asuntos do noso colectivo.

En todo caso estivemos traballando de maneira silandeira para (sobre todo) poñermos o pé no mundo dixital, obxectivo que por fin se fai realidade hoxe, día 13 de decembro, a Noite da Luz, cando mingua a noite e medra o día, arcano e hipotético fin/arranque de ciclo solar anual, momento de referencia para os nosos devanceiros rurais, relacionado cos cultos naturalistas e cósmicos da cultura castrexa, e que está nos alicerces antropolóxicos do vencello espiritual que galegas e galegos mantemos coa terra.

En definitiva, que xa podedes entrar desde data tan sinalada no espazo web da Rede (rededorural.org), onde atoparedes un bo feixe de recursos e a posibilidade de ampliar contactos e estreitarmos lazos entre nós. Loxicamente a páxina está en construción e entre todas e todos debemos enchela de contido, para o que vos pedimos axuda, mesmo para valorar criticamente (e a poder ser, de maneira construtiva) a súa estrutura. Agradecemos que enviedes todas as vosas achegas a redegalegaruralpaxina@gmail.com.

Agardemos que o esperanzador resoar telúrico deste 13 de decembro nos traia tamén bos augurios a todas e todos de cara á superación da pandemia. Coidádevos moito e boas festas de fin de ano.


A coordinadora da Rede do Rural
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Picture

    Archives

    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todos

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • LEIRAS
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • ADHÍRESTE?
  • CONTACTO