Comisión de Cultura e Normalización Lingüística
Facultade de Ciencias da Educación 18 de Abril de 2023 Lugar: Facultade de Ciencias da Educación, Santiago de Compostela (pola mañá no edificio da Av. Xoán XXIII e pola tarde no edificio do Campus Sur). Non é precisa inscrición previa. De balde. DESCRICIÓN Estas Xornadas teñen como finalidade afondar no coñecemento e difusión de boas prácticas desenvolvidas en contextos rurais, promovendo a reflexión acerca das dinámicas socioambientais, culturais, educativas e económicas que lles atinxen. As relacións sociais de proximidade sostidas nun territorio ao longo do tempo posibilitan o xermolo de experiencias que, á súa vez, poden constituírse en modelos de desenvolvemento comunitario local, polo que nestas Xornadas pretendemos analizar os espazos rurais como potenciais catalizadores do mesmo. A través do aproveitamento e a optimización dos recursos endóxenos (materiais, humanos, relacionais, etc.) e por medio da posta en práctica de certas iniciativas de innovación pedagóxica, entendemos que é posible favorecer un desenvolvemento integral dos territorios. Neste senso, a actividade está pensada para todas aquelas persoas interesadas en promover a mellora das condicións de vida no medio rural, así como en coñecer experiencias innovadoras. OBXECTIVOS - Contextualizar a situación actual do rural galego, definindo as prioridades das políticas sectoriais desde unha análise que atenda á súa forma e contido. - Presentar os espazos rurais como potenciais catalizadores dun desenvolvemento integral (económico, socia, cultural, ...) ,a través do aproveitamento e a optimización dos recursos endóxenos. - Valorar a importancia da lingua galega como elemento vertebrador das comunidades, incidindo na diversidade dos seus usos e formas nas manifestacións culturais compartidas. - Dar a coñecer iniciativas salientables desde a perspectiva social e educativa que, polo éxito na súa aplicación, se configuran como motores do desenvolvemento local. PROGRAMA MARTES, 18 DE ABRIL SESIÓN DE MAÑÁN (CAMPUS NORTE-SALÓN DE ACTOS) 9.45h. Inauguración María López Sández (Vicedecana) Jesús Rodríguez Rodríguez (Departamento de Pedagoxía e Didáctica) Carmela Cambeiro Lourido (Departamento de Pedagoxía e Didáctica) 10.00-11.30. Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural Alfonso Filgueira López María Cao 11.30-12.00h. Descanso 12.00-13.30h. Escola rural: soño ou realidade? Alejandro González Méndez Mestre de Educación Primaria e responsable do CEIP Eduardo Cela Vila (Triacastela) Noelia Pillado Fraga Mestra de Educación Primaria e responsable do CEIP de Samos SESIÓN DE TARDE (CAMPUS VIDA-AULA 6-7) Experiencias-Proxectos de Dinamización do Medio Rural 16.30-18.00h. Imaxinar e facer rurais dende a Educación Social. A experiencia de Outonía S.Coop.Galega Tania Sánchez Gómez Educadora Social, Socia traballadora de Outonía S.Coop.Galega 18.00-18.30h. Descanso 18.30-20.00h. O papel da universidade no impulso e promoción da escola rural (online) Nuria Carrete-Marín Universidade de Vic-Universidade Central de Cataluña Doutoranda e Investigadora en Educación. Magíster en Educación en Territorios Rurais ORGANIZA: Comisión de Cultura e Normalización Lingüística. Facultade de Ciencias da Educación Profesorado responsable: Jesús Rodríguez Rodríguez David García Romero María do Carme Cambeiro Lourido
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
REDEEste é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural! Categories |