0 Comments
O día 19 de febreiro celebramos as III Xornadas de Anpas Galegas no rural, nesta ocasión en Vilela, Navia de Suarna. Achegámosvos o cartaz, o programa e o enlace para inscribirse por se é do voso interese. A Coordinadora Eólica Así Non convoca unha gran mobilización galega para o 11D, Día das Montañas, por unha moratoria eólica real e efectiva que free os máis de 300 proxectos eólicos que están en tramitación en Galiza.
Oferta do FDR para que poidamos coñecer o medio que nos rodea e a súa cultura, a través dun xogo que fará un percorrido con numerosas paradas nas que se pode atopar un código QR. Se queres saber máis desta iniciativa, pincha na imaxe.
Pincha no seguinte botón para acceder ao comunicado.
Debaixo destas liñas, deixámosvos unhas imaxes e ligazóns a algúns vídeos do festival que tivo lugar no Courel.
Entre os minutos 3:04:00 e 3:22:00 trata da escola rural galega, nunha entrevista a Carmen Fernández Morante, decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Recomendable a súa escoita. No seguinte botón atoparedes un enlace a un vídeo informativo sobre os proxectos eólico no Bierzo oeste.
Neste artigo, móstrase a moi interesante a posta en valor por parte das mestras do CRA da ruralidade e dos agrupamentos multinivel, así como a proposta pedagóxica do colexio. Pincha na seguinte imaxe para acceder a el.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolle o recurso da Asociación Sociocultural O Iribio e volve deixar "sen efecto" o acordado pola Xunta en 2019. Pincha na imaxe para acceder á noticia completa.
|
REDEEste é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural! Archives
March 2022
Categories |