Exposición no Vello Cárcere de Lugo
29 de febreiro a 17 de maio de 2024 Luns a sábado: De 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h Domingo: De 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h https://blog.riaidt.com/titulo-expo Nesta exposición daremos un paseo por catro dos máis relevantes centros oleiros lucenses, Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós, a través de máis de 250 cacharros cerámicos e outros, bastantes, elementos expositivos que foron aportados maioritariamente por 25 coleccionistas particulares e tamén polo Museo Provincial de Lugo, o Museo do Castro de Viladonga e a familia de Luciano García-Alén. O noso obxectivo é amosar unha serie seleccionada de pezas singulares e de uso cotiá na casa galega que axude a ofrecer, con enfoque científico, unha imaxe realista da riqueza oleira e do modo de vida de épocas pasadas. A exposición é froito dun traballo conxunto e colaborativo de coleccionistas, arqueólogos e outros investigadores da USC desenvolvido a partir dun proxecto de divulgación científica da FECYT. María Pilar Prieto Martínez e Luis Hixinio Flores Rivas (Comisarios)
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
REDEEste é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural! Archives
Febrero 2025
Categories |