REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

ENCONTRO DE EDUCACIÓN E DESENVOLVEMENTO RURAL

25/1/2024

0 Comentarios

 
REDE DO RURAL
Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural
      GONDOMAR - VAL MIÑOR
ENCONTRO DE EDUCACIÓN E DESENVOLVEMENTO RURAL
           17/febreiro/2024
Localización:
Instalacións do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), Avenida da Feira, 10 Gondomar -
Rexistro previo de balde:
Cumprimentación de formulario ubicado na páxina dixital https//:www.regaeder
 
Cronograma horario:
10.15 h. Recepción participantes
10.30 h. CRA “Antía Cal”, un proxecto educativo, comunitario, cooperativo e comprometido coas crianzas e as súas familias.
11.30 h. Leite, infusións e petiscos
11.45 h. Instituto de Estudos Miñoranos -IEM- ...Educación non reglada dende a esculca da contorna dun herdo patrimonial ata a operativa de resultados: Documentos audiovisuais arredor da Compostaxe e a Serra do Galiñeiro.
13.00 h. Achegas dos grupos de traballo da Rede do Rural para un Plan Educativo Específico para o Rural Galego -PEERGA-
14.30 h. Xantar
16.00 h. Formación e instrución comunitaria nos usos sostibles do herdo rural para unha economía cooperativa de man común: Proxectos e resultados da Mancomunidade de Montes de Couso.
18.00 h. Remate e despedida

Organización da xornada:
. Teimaremos por encetar  ás 10.30 h. A meirande partilla de persoas  chegará no mesmo día e, se o fai con anticipación duns minutiños, acollerémolos con leite ou infusións quentiñas e un petisco doce.
. Cada ponencia terá unha duración achegada aos 30 minutos que se complementarán con outros tantos para aclaracións, conversa centrada e contrapuntos arredor de cada unha das ponencias.
. Dacabalo de cada ponencia haberá 10 minutos para as infusións e petiscos, seguidos de 5 minutos para facilitaren a incorporación á ponencia seguinte.
. Durante a xornada seredes informados puntualmente de variacións ou complementarias.
. Agradecemos a  cooperación coa puntualidade e organización do Encontro.
 
XANTAR
            Aínda que cada quen poderá xantar onde máis lle preste, a Rede do Rural ten previsto comer no Restaurante “Pazo da Escola”, de Gondomar, cunha operativa gastronómica de abondosas racións ao xeito “quitafames”, con opcións vegano-vexetarianas, a escolmar no intre de facer a reserva,  nun prezo/persoa de  25 euros.
            Será imprescindible facer reserva e abono do importe, como moito, antes do 14 de febreiro, ingresando na conta Banco Santander ES56 00497868202910010353, Titular: Complexo de Turismo Rural Pazo de Mendoza SL, coa referencia  “Xantar 17 febreiro”.Se vos colle, no campo de texto, indicade  Vegano ou Indistinto, consonte prefirades a prevalencia do menú. No caso de que o aplicativo de pago empregado non volo acepte, remitide un correo a [email protected] indicando tal opción gastronómica.
 
Hospedería, itinerarios patrimoniais e outra información
            As persoas que desexen chegar con antelación ou ficaren na contorna de Gondomar – Val Miñor poderedes atopar  información e, escolmala ao voso mellor criterio ou intereses,  nas páxinas da Internet.
 
Máis información arredor do Encontro:
Correo dixital: [email protected]
Páxina dixital https//:www.regaeder.com
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Archives

    Mayo 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Febrero 2025
    Enero 2025
    Diciembre 2024
    Noviembre 2024
    Octubre 2024
    Septiembre 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Enero 2024
    Diciembre 2023
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Septiembre 2023
    Agosto 2023
    Julio 2023
    Junio 2023
    Mayo 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO