REDE DO RURAL
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO

NOVAS​

O voso amigo Pandigueiro Apalpador.

6/1/2021

1 Comentario

 
Imagen
Bo Aninovo en amizade:
Teño que vos contar algunha nova desta tempada da que mellor quixera non falar, pero está relacionada coa imaxe da nadaliña que vos dedico.
Coma sempre non paro de camiñar e de reparar os estragos cos que me atopo polas miñas queridas montañas do Courel. Nunha destas andainas, xunto coa xente veciña e os animais amigos, chegamos a un lugar para nós especial, escollido polo soleado e pola fermosa vista, Nada máis chegar abraiamos ante un desastre que alí nos atopamos. Tremendo foi o cambio; desapareceron os castiñeiros e os carballos centenarios que dende hai séculos presidían aquel sitio máxico. Quedamos pasmados ante a perda dunhas frondosas árbores amigas coas que nós tanto falabamos, que nos ofrecían sabia e agarimosa compañía, ademais de respaldo e sombra.
O caso foi aínda máis grave polo feito de que onde elas moraban apareceu chantada una enorme torre metálica, desas que empregan para a telefonía móbil. Impón mirar para o xigantesco esparaván e produce temor coa súa espantosa presenza. Causa tremendo impacto a carón dunhas casas vellas e deshabitadas, as que alguén pensaba arranxar pola súa excelente situación .
Para mais lamentar tamén sucede que ditas casas foran adquiridas por unhas familias con crianzas, que viven na cidade e optaron por se trasladar para que as súas nenas e os seus nenos medraran entre a natureza dunha fermosa aldea. Trátase de xente valente, disposta a cambiar e seu xeito de vida urbana e decidida a arranxar vellas vivendas de pedra, para habitar naquel fantástico lugar. Ante as desafortunadas antenas, que ademais seica producen radiacións insás, estas xentes tan ilusionadas teñen que abandonar o seu plan. Un dos nosos lugares preferidos quedará baleiro, xa que de alí tamén fuxirán os animais.
Estas desfeitas son por desgraza moi frecuentes e a causa de tristes consecuencias, xa que axudan a que as nosas aldeas queden sen xente. Derrúbanse casas cheas de encanto, pero abandonadas, fértiles lugares quedan baldíos e morren aldeas enteiras sen que se procuren medidas para repoboar estas entrañables montañas.
Tampouco van ser todo lamentos. Lembraredes que o Nadal pasado andabamos en revolución por un parque eólico co que estiveron a piques de estragar o senlleiro parque natural, O Courel- Ancares, declarado pola Unión Europea reserva de fauna e de especies vexetais? Pois teño para darvos unha gran nova: Podemos celebrar neste Nadal que grazas á loita de moitos colectivos ecoloxistas conseguimos parar tal desastre.
O doloroso é que esta ano teñamos outra revolta. Entre a veciñanza e a nosa panda argallamos unha reclamación para que deste lugar tan especial nos quiten a desatinada torre e lle busquen sitio onde non prexudique. Reclamamos así mesmo que os gobernos favorezan á xente que quere vivir nas aldeas e que lles ofrezan bos servizos en vez de facerlles a vida imposible poñéndolles tantos atrancos.
O que precisamos é de persoas coma vós, respectuosas, responsables, que aprecien valoren e defendan o mundo rural. Por iso estimamos e agradecemos moito os vosos apoios e convidámosvos a que nos visitedes.
P.D. Veredes como na nadaliña que con vós partillo, as folerpas de neve teñen figura de virus CV19. Isto vai con intención..., por mor dos meus pesadelos. Son as miñas figuracións de que temos que eliminar a tan ruín bicho. Eu soño con que o virus se derreta canda a neve que pisei nestes días e así fique para sempre. Tamén na nadaliña aparece unha palabra que quizá descoñecedes “apaxar”, pois recollina por ser desas que vexo en risco de desaparecer. A min gústame, significa acariñar, aloumiñar, agarimar... Emprégoa co desexo de que vos coidedes moito. Se tedes boas defensas non haberá virus que vos enferme.
Recibide da miña parte e mais das miñas e dos meus axudantes os nosos mellores desexos:
PAZ, SAÚDE, LEDICIA, BOA MANTENZA
E FORTE PROTECCIÓN DA PANDEMIA.
O voso amigo Pandigueiro Apalpador.
Dende O Courel, Nadal 2020

1 Comentario
Bobbi Morton link
8/8/2021 08:14:17 am

Hi greeat reading your blog

Responder



Deja una respuesta.

    REDE

    Este é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural!

    Archives

    Mayo 2025
    Abril 2025
    Marzo 2025
    Febrero 2025
    Enero 2025
    Diciembre 2024
    Noviembre 2024
    Octubre 2024
    Septiembre 2024
    Junio 2024
    Mayo 2024
    Abril 2024
    Marzo 2024
    Enero 2024
    Diciembre 2023
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Septiembre 2023
    Agosto 2023
    Julio 2023
    Junio 2023
    Mayo 2023
    Abril 2023
    Marzo 2023
    Febrero 2023
    Enero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Octubre 2021
    Agosto 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Febrero 2021
    Enero 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Agosto 2020
    Junio 2020
    Mayo 2020

    Categories

    Todo

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ACTÚA COA REDE
  • COOPERACIÓN EN REDE
  • LEIRAS
  • ADHÍRESTE?
  • QUEN SOMOS
  • NOVAS
  • CONTACTO