A Federación Ecoloxista Galega apoia e chama a participar na manifestación contra a invasión eólica do día 16 de outubro en Madrid convocada por Aliente, da que formamos parte.
A FEG expresa o seu apoio a esta convocatoria realizada por Aliente (https://aliente.org/) que busca a concienciación social e a protesta contra un modelo de transición enerxética baseado no espolio do territorio para alimentar o crecemento incontrolado do consumo de electricidade. Os megaproxectos eólicos que se están a planificar están a supor unha grave ameaza para as nosas paisaxes e os nosos sistemas naturais Defendemos un sistema enerxético centrado na redución do consumo, na mellora da eficiencia, na descentralización e o ordenamento adaptado ás necesidades reais. Para loitar contra o cambo climático é necesario minimizar o impacto ambiental e protexer a biodiversidade e os recursos que nos proporciona a natureza. Haz clic aquí para editar.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
REDEEste é un espazo para actualizar novas que teñen que ver co rural! Archives
Septiembre 2024
Categories |